O pasado venres 10 de xullo o IES Xoán Montes brindou unha despedida moi especial ao alumnado de 2 BAC deste curso. A incertidume sanitaria non freou os desexos do equipo docente de brindar unha agarimosa despedida ao alumnado recén graduado, polo que se deseñou unha proposta adecuada ás novas circunstancias, tanto no aspecto organizativo como no enfoque do mesmo.
No patio do centro educativo celebrouse unha orixinal homenaxe que quixo prestar especial atención ao aspecto emocional que implica este peche de etapa e que resulta especialmente necesario nos momentos de inseguridade e illamento que estamos a vivir. O seguinte vídeo condensa todas as intensas emocións vividas ese día, agardemos que vos guste!