A nosa alumna Rachel Elizabeth Rodríguez José acaba de obter o premio extgraordinarido da ESO ao rendemento académico correspondente ao curso 2019/20. Aparte do diploma acreditativo e o premio de 750 €, este recoñecemento figuraralle no seu expediente académico.
Puideron acceder a esta convocatoria as alumnas e alumnos que cursasen o pasado ano académico o cuarto curso da Educación Secundaria Obrigatoria e que obtivesen no conxunto da etapa unha nota media igual ou superior a nove puntos. Os presentados deberon, así mesmo, realizar unha proba específica.