Iniciar sesión: Acceso

I Intercentros de teatro (IES Pazo da Mercé)

No día de onte, o alumnado de Artes Escénicas participou no 1º Intercentros de teatro organizado polo IES Pazo da Mercé. Ao longo da mañá participaron en diferentes obradoiros impartidos por alumnado da ESAD: texto, improvisación, voz, expresión corporal, clown e escena, todos eles organizados en diferentes lugares dos arredores do centro.

Sen dúbida unha xornada moi enriquedora! Agardamos impacientes pola próxima edición!

O cartel promocional da xornada é obra da nosa alumna Noa P. C. de 2º Bacharelato de Artes, quen capturou perfectamente o espírito desta xornada.

 https://www.vigoe.es/comarcas/paradanta-a/as-neves/xornada-de-convivencia-teatral-dos-institutos-do-condado/

Visitamos a Feira dos minerais de Guláns

Como xa é tradición, un ano máis volvemos á Feira dos minerais de Guláns! Nesta ocasión foi o alumnado de 1º ESO o que asistiu. Ademais de visitar a feira, tiveron ocasión de participar en diferentes obradoiros de identificación de minerais e Mineraloxía.

Pedro Feijoo e a súa Memoria da choiva

Onte tivemos a sorte de contar coa visita de Pedro Feijoo no noso centro! Achegouse para falar co alumnado de 1º Bacharelato sobre a Memoria da choiva e tamén co club de lectura de familias sobre esta lectura e moitas outras nas que andan inmersas.

Foi un verdadeiro pracer escoitalo, compartir unha tarde chea de curiosidades sobre a súa escrita e tamén ter unha vez máis a Rosalía como referente, e saber coidar a súa memoria como merece.

Grazas, Pedro, agardamos volver lerte pronto!

CONVOCATORIA PREMIOS EXTRAORDINARIOS BACHARELATO 2023-2024

 

 

Para máis información, este é o enlace á páxina web da Consellería onde pode ver a Orde do 19 de abril de 2024:

https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/anunciog0761-190424-0004_gl.pdf

ACCESO E ADMISIÓN NAS ENSINANZAS ARTÍSITICAS PROFESIONAIS DE ARTES PLÁSTICAS E DESEÑO

Publicada a Resolución do 10 de abril de 2024 pola que se ditan as instrucións para o acceso e a admisión do alumnado nas ensinanzas artístifcas profesionais de Artes Plásticas e Deseño en Galicia para o curso 2024/2025. (Ciclos formativos)
O prazo de inscrición vai ata o 10 de xuño para o alumnado que realice a proba substitutiva dos requisitos académicos e ata o 21 de xuño para o alumnado que só teña que realizar a proba específica e para as cales solicitan a exención das probas.
As solicitudes faranse de forma telemática cubrindo o formulario dispoñlible na ligazón habilitada na aplicación CodexPro na páxina web de cada centro.
As persoas aspirantes con discapacidade poderán solicitar a adaptación das probas. Resérvase un 5%das prazas ofertadas para quen acredite discapacidade dun 33% ou maior.
Resérvanse razas para deportistas de alto rendemento e/ou nivel.

ACCESO E ADMISIÓN A ENSINANZAS ARTÍSTICAS SUPERIORES

Publicada a Resolución do 16 de abril de 2024 pola que se ditan instrucións para o acceso e admnisión do alumnado as ensinanzas artísticas superiores de Galicia para o curso 2024/2025.
O prazo de inscrición está compredido entre o 26 de abril e o 25 de xuño de 2024.
As solicitudes faranse de forma telemática cubrindo o formulario dispoñible en https://www.edu.xunta.gal/eas/ e empregando o certificado dixital ou sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365). 
 
As persoas aspirantes con discapacidade poderán solicitar adaptación das probas. Resérvase un 10% das prazas ofertadas para quen acredite discapacidade dun 33% ou maior.
Resérvanse prazas para deportistas de alto rendemento e/ou nivel. Na inscrición da proba hai que indicar a especialidade, o itinerario e a preferencia de centro. 
A proba substitutiva dos requisitos de titulación para quen non os cumpra levarase a cabo o día 30 de maio no IES San Clemente, en Santiago de Compostela. 
A proba específica de acceso levarase a cabo nos centros de ensinanzas artísticas superiores de Galicia e só é válida ara o curso académico presente e na especialidade para a que se realice. 
A información de cada especialidade está nos anexos da Resolución.
 
Distribuir contido

Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Calendario de exames de Bacharelato

Equipo de Dinamización da Lingua Galega

Equipo de Convivencia e Mediación

Contratos-Programa

CIUG