HORARIO DE VERÁN
Os días 25, 26 de xullo e 15 de agosto o centro permanecerá pechado.
FELIZ VERÁN!
MATRÍCULA NA ESCOLA OFICIAL DE IDIOMAS. PRAZOS
Enviado por admin o Mér, 17/07/2024 - 11:50AXUDAS MUNICIPAIS DE APOIO AO ESTUDO PARA O CURSO 2024/2025
Enviado por admin o Ven, 12/07/2024 - 12:01Compartimos información relativa á convocatoria de axudas municipais de apoio ao estudo para o curso 2024/2025.
AXUDAS MATERIAL ESCOLAR
- Listaxe provisional día 12/07/2024. Lugar de publicación: no taboleiro dentro do centro, ao lado de conserxería.
- Listaxe definitivo día 29/07/2024. Lugar de publicación: no taboleiro dentro do centro, ao lado de conserxería.
- Entrega de vales das axudas de material escolar curso 2024/25, a partir do 30/07/2024.
LISTAXE PROVISIONAL LIBROS DE TEXTO 2024-2025
Enviado por admin o Mar, 02/07/2024 - 09:50Publícase no documento adxunto información relativa a listaxe provisional de libros de texto para o curso 2024/2025.
Graduación 4º ESO 2024
Enviado por admin o Mar, 25/06/2024 - 19:56Compartimos convosco algunhas imaxes da celebración o pasado venres 21 de xuño do Acto de Graduación de 4º ESO.
Ao remate deste curso, estes rapaces e rapazas iniciarán unha nova etapa, algúns deixarán o noso centro, outros comezarán o Bacharelato,... Sexa cal sexa o destino escollido, desexámosvos o mellor!
Moita sorte a todas e todos!
ADMISIÓN CICLOS
Desde hoxe día 24 de xuño está aberto o prazo de presentación de solicitudes de admisión a ciclos de formación profesional na Comunidade Autónoma de Galicia.
O prazo de presentación de solicitudes será do 24 de xuño ás 09.00 horas ao 4 de xullo ás 13.00 horas.
Podedes atopar máis información e os calendarios correspondentes na seguinte ligazón:
O alumando do IES Val do Tea no acto de homenaxe aos Mellores Expedientes de Galicia ABAU 2024
Enviado por admin o Lun, 24/06/2024 - 08:00O pasado venres tivo lugar o evento de homenaxe ao estudantado con mellores expedientes Galicia ABAU 2024. Desde o IES Val do Tea queremos felicitar a todo o alumnado que participou neste evento, en especial ao noso alumnado homenaxeado: Lucía, Ariadna, Pablo, María e Adriana.
Parabéns polo voso traballo e moita sorte de agora en diante!!
Plan proxecta: Quérote+
Enviado por admin o Dom, 23/06/2024 - 13:52Ao longo deste curso o noso alumnado de 3º ESO participou no “Plan proxecta: Quérote+”, un proxecto multidisciplinar no que participaron o departamento de Ciencias Naturais, Lingua Castelá e Inglés.
Dito proxecto aborda a educación sexual en sentido amplo de tal xeito que se trataron contidos como a identidade de xénero, amor romántico, orientación sexual, métodos anticonceptivos....
Algunhas das moitas actividades realizadas quedan recollidas neste pequeno vídeo no que se resume o traballo realizado ao longo deste curso nas diferentes materias.