Skip to Content

Novas

ACREDITACIÓN DE COMPETENCIAS 2018

Publicada a Orde do 29 de decembro de 2017 pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.
O prazo de presentación de solicitudes será dende o 10 de xaneiro de 2018 ao 2 de febreiro de 2018.
Para mais información preme aquí.

VACACIÓNS NADAL 17-18

O período vacacional de Nadal abrangue dende o venres 22 de decembro de 2017 ao 7 de xaneiro do 2018, ámbolos dous incluídos.
O horario de atención ao público será de 11:00 a 13:00 horas durante as vacacións de Nadal. Se non poden personarse nas oficinas ou para solicitar documentación, con carácter urxente, pode chamar neste horario aos teléfonos 982 870 236 ou 638 752 187.

                                                          

 

APRENDER A ESTUDAR

Se queres mellorar a túa forma de estudar, é dicir, adicarlle menos esforzo o estudo e sacar mellores notas; recoméndoche a seguinte páxina web:

https://lenli.files.wordpress.com/2010/07/aprender-a-estudiar.png

 

WEB DE ORIENTACIÓN

Enlace á web da orientadora do IES Val do Asma, Loli Chas.

EXAMES DE SETEMBRO 2017

Os exames de setembro realizaranse entre os días 1 (venres) e 4 (luns) para ESO, BAC e FP básica e do día 4 (luns) ao 8 (venres) para CS de FP dual.

Calendarios:

Exames de ESO

Exames de BAC

Exames de CB Mantemento de vehículos

Exames de CS dual Desenvolvemento de aplicacións web:

  • Martes 5 de 17:00 a 19:00 Bases de datos NOVA DATA E HORARIO!!!

Exames de CS dual Administración e Finanzas

  • Luns 4 de 09:00 a 11:00 Inglés
  • Mércores 6 de 09:00 a 12:00 Ofimática
  • Venres 8 de 09:00 a 12:00 Contabilidade e fiscalidade

OBTENCIÓN TÍTULO ESO 2017

Publicadas as instrucións para a adopción das medidas necesarias para a aplicación do disposto no Real Decreto 562/2017, de 2 de xuño, polo que se regulan as condicións para a obtención do título de Graduado en ESO e modelo de Consello Orientador da ESO.

Para acceder á documentación preme aquí.

FORMACIÓN EN CENTROS DE TRABALLO EN PORTUGAL - ERASMUS+

Dous alumnos do Ciclo Básico de Mantemento de Vehículos participan, por vez primeira, nun proxecto de movilidade europeo organizado en colaboración coa Asociación APAGA. Este proxecto consiste na realización dunha parte da súa Formación en Centros de Traballo nun taller mecánico en (Lisboa) Portugal dende o 16/05/17 ao 16/06/17.

INSTRUCCIÓNS PROBA DE ACCESO A UNIVERSIDADE (ABAU) 2017

Instrucións para a realización, dentro do curso 2016/2017, da avaliación de bacharelato para o acceso á Universidade (ABAU) para curso 2017/2018

Distribuir contido


by Dr. Radut