Skip to Content

Novas

PREMIO FOLIÓN CARROS 2019

O cartel elaborado pola alumna de 2º de ESO do IES Val do Asma, Nerea Rodríquez Lage, resultou gañador do concurso organizado polos Amigos do Folión de Carros de Chantada. Este cartel será o que anunciará o Folión de Carros 2019.
Noraboa a Nerea e a profesora de plástica, Lola López!!!

EXAMES EXTRAORDINARIOS 2º BAC - XUÑO 2019

Os exames extraordinarios de 2º BAC realizanse realizaranse entre os días 17 ao 21 de xuño de 2019. Para máis información preme no calendario.

IMPORTANTE!!! O exame de Economía do día 19 de xuño comezará as 9.35 h e non ás 10.25 como aparece no calendario.

ENTREGA NOTAS 3ª AVALIACIÓN CM E CS

A entrega dos boletíns de notas correspondentes á 3ª avaliación, 1º CS Administración e Finanzas e 1º CM Electromecánica de Vehículos automóbiles, efectuarase por parte do titor e na aula de referencia do grupo correspondente o venres, 31 de maio de 2019 ás 14:00 horas.

PREMIOS EXTRAORDINARIOS ESO 2018/19

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca os premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso 2018/19.

Prazo de presentación de solicitudes: do día 6 de xuño de 2019 ata o día 5 de xullo de 2019.

Para mais información preme aquí.

AXUDAS FCT OU FP DUAL

Convocadas axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo (FCT) ou FP dual.

Períodos de presentación de solicitudes:  

  • O primeiro prazo,entre o 22 de maio e o 21 de xuño de 2019 (31 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG), para o alumnado que realice a FCT nos períodos outubro 2018-marzo 2019 e nos períodos xaneiro-xuño, xaneiro-marzo e abril-xuño de 2019. Acollerase a este primeiro prazo o alumnado de FP dual.
  • O segundo prazo será o comprendido entre o 14 de outubro e o 14 de novembro de 2019, para o alumnado de ciclos formativos que lle corresponda realizar a FCT no período de setembro-decembro de 2019.

Para mais información, preme aquí.

FONDO LIBROS E AXUDAS LIBROS E MATERIAL ESCOLAR 2019-2020

Con data 20 de maio de 2019 saiu publicada a Orde pola que se regula a participación no fondo de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado da ESO para o curso escolar 2019/2020.

Prazo de presentación único: do 21 de maio ata o 21 de xuño de 2019

Recórdase que ao rematar o curso 2018/19, o alumnado beneficiario de libros de texto recibido do fondo solidario ou adquirido con axudas para libros de texto deberá devolvelos ao centro para a súa incorporación ao fondo solidario para o vindeiro curso. O prazo para devolvelos coincidirá co día de entrega de notas de xuño, agás para o alumnado de ESO que teña algunha materia pendente, que poderá quedarse co libro correspondente ata que se examine e, como máximo, ata a data de entrega de notas de setembro.

Para máis información acceda á circular do IES Val do Asma e na convocatoria

PERIODO DE PRÁCTICAS EN EMPRESAS (FCT) 2018/2019

O periodo ordinario para a realización das prácticas en empresas ou formación en centros de traballo (FCT) no curso 2018/2019 será:
C.B. Mantemento de vehículos: do 22 de abril ao 18 de xuño de 2019, ambos incluídos.
C.M. Electromecánica do vehículo automóbil: do 2 de abril ao 18 de xuño de 2019, ambos incluídos.
C.S. Administración e finanzas: do 4 de abril ao 14 de xuño de 2019, ambos incluídos.

MENÚ ESCOLAR PRIMAVERA 2019

A nova empresa concesionaria do comedor utiliza unha plantilla de 20 menús diferentes que rota ao longo de 20 días lectivos. Para coñercer o menú dun determinado día deberemos localizar o número do menú que lle corresponde a esa data nun primeiro listado. Unha vez localizado o número poderemos ver neste segundo listado cal que o menú que se vai servir ese día.

Exemplo: Unha vez consultados os dous listados, vemos que ao día 22/03/19 lle corresponde o menú nº 2, que se compón de: Ensalada de tomate, leituga, cebola, queixo fresco e olivas, Polo ao forno con arroz e verduras e Froita enteira.

 

15/03/19 NOVA CONCESIONARIA DO COMEDOR ESCOLAR

Dende o 15/03/18 ata final deste curso a nova empresa concesionaria do comedor escolar é a KOKICO do grupo Socratea. Para máis información preme aquí.

PREMIOS EXTRAORDINARIOS F.P. GRAO SUPERIOR 2019

Convocados os Premios Extraordinarios de Formación Profesional de Grao Superior da Comunidade Autónoma de Galicia para o alumnado que rematou no curso 2017/2018. Os requisitos de participación son:

  • Ter rematados os estudos de formación profesional de grao superior no ano 2018 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia.
  • Ter obtido unha cualificación final media de todos os módulos igual ou superior a 8,50.

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, ata 4 de abril de 2019,  a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia (4 de marzo de 2019).

Enlaces á convocatoria e á sede electrónica.

Distribuir contido


by Dr. Radut