Skip to Content

Novas

ENTREGA NOTAS 3ª AVALIACIÓN CM E CS (2018-19)

A entrega dos boletíns de notas correspondentes á 3ª avaliación, 1º CS Administración e Finanzas e 1º CM Electromecánica de Vehículos automóbiles, efectuarase por parte do titor e na aula de referencia do grupo correspondente o venres, 15 de xuño ás 13:00 horas.

ACTIVIDADES STEM (CIENCIAS, MATEMÁTICAS E TECNOLOGÍA) EN INGLÉS

Convocadas ayudas para la realización de actividades formativas STEM (Science, Tecnology, Engenieering and Math) en lengua inglesa, STEMweek, en el año 2018 destinadas al alumnado de 3º e 4º ESO. Para máis información preme aquí.

Prazo de presentación: un mes (12 de xullo de 2018)

SIMULADOR NOTA ADMISIÓN TITULACIÓNS SUG

Se queredes calcular a nota de admisión ás distintas titulacións do SUG, tedes a vosa disposición este simulador, onde debedes introducir a nota das distintas partes da proba da ABAU (a nota das materias da parte obrigatoria e as notas das distintas materias da parte voluntaria obxecto de ponderación) e a nota media de bacharelato.

SOLIDARIEDADE CO CANCRO INFANTIL

O IES Val do Asma colabora coa asociación LINCECI contra o cancro infantil, no seu proxecto "Planta tu lápiz", tendo a venda na conserxería do centro dous tipos de lapiceiros, totalmente ecolóxicos, que levan incluída na parte superior unha semente de tomate ou pemento.

Animádevos a colaborar !!!!

A RIBEIRA SACRA VISTA POLO ALUMNADO DE TURISMO DO IES VAL DO ASMA DE CHANTADA

OBRADOIRO: PREVENCIÓN DE DROGODEPENDENCIA DESDE A FAMILIA

O vindeiro luns 4 de xuño en horario de 19:30 a 20:30 o Departamento de Orientación do IES Val do Asma convida aos pais/nais do alumnado ao Obradoiro: Prevención de drogodependencia desde a familia, para máis información prema aquí.


INSTRUCCIÓNS PARA O DESENVOLVEMENTO NO 2018-2019 DO CURRÍCULO NA ESO E NO BAC

Publicada a Resolución pola  que  se  ditan  instrucións  para o desenvolvemento, no curso académico 2018/19, do currículo establecido no Decreto 86/2015, do 25 de xuño, da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia.

AXUDAS FCT 2018

Convocadas axudas económicas para o alumnado que realiza formación práctica en centros de traballo (FCT).

Períodos de presentación de solicitudes:
    O primeiro prazo, entre o 15 de maio e o 14 de xuño de 2018 (31 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG), para o alumnado que realizase a FCT no período abril-xuño de 2018, entre outros.
    O segundo prazo será o comprendido entre o 14 de outubro e o 14 de novembro de 2018, para o alumnado de ciclos formativos que lle corresponda realizar a FCT no período de setembro-decembro de 2018.

Para mais información, preme aquí.

PARÁMETROS PONDERACIÓN MATERIAS ABAU 2018

Publicación dos parámetros de ponderación das materias de opción e troncais de modalidade da proba de avaliación do bacharelato para o acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao do SUG para o curso 2018/2019. Para máis información preme aquí.

CONMEMORACIÓN DO 5 DE MAIO DÍA DE EUROPA

Para conmemorar o Dái de Europa o IES Val do Asma realizou un concerto. Acceso ao evento.

Distribuir contido


by Dr. Radut