Skip to Content

Novas

PROBAS LIBRES FORMACIÓN PROFESIONAL 2018

Lugar de presentación de solicitudes: na secretaría de calquera centro público en que se oferten probas libres para a obtención de títulos LOE, malia que non sexa o centro elixido en primeira opción.

Prazo de solicitude de admisión:  17 ao 30 de abril de 2018 ata as 13:00 h.

Para máis información preme aquí.

VACACIÓNS SEMANA SANTA 2018

As vacacións de Semana Santa abranguerán dende o luns 26 de marzo ata o luns 2 de abril de 2018, ámbolos dous incluidos, segundo se establece no calendario escolar.

Horario de atención ao público:

Luns 26 de marzo  11:00 a 13:00 horas
Martes 27 de marzo 11:00 a 13:00 horas
Mércores  28 de marzo 11:00 a 13:00 horas
Luns 2 de abril 11:00 a 13:00 horas

Se non poden personarse nas oficinas ou para solicitar documentación, con carácter urxente, pode chamar neste horario aos teléfonos 982 87 02 36  ou 638 75 21 87.

ENTREGA NOTAS 2ª AVALIACIÓN

A entrega dos boletíns de notas correspondentes á 2ª avaliación efectuarase por parte do titor e na aula de referencia do grupo correspondente, o venres 23 de marzo de 2018 ás 14:00h.

 

PREMIOS EXTRAORDINARIOS DE BACHARELATO 17/18

Requisito: Os aspirantes deben ter unha nota media igual ou superior a 8,75. 

Prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do 2 de maio de 2018.

Para máis información preme aquí.

FORMACIÓN EN CENTROS DE TRABALLO EN ITALIA - ERASMUS+

Catro alumnos do Ciclo Medio de Electromecánica de Vehículos automóbiles participan, por segundo ano, nun proxecto de movilidade europeo organizado en colaboración coa Asociación APAGA. Este proxecto consiste na realización da súa Formación en Centros de Traballo en talleres mecánico en Brescia-Italia dende o 06/04/18 ao 09/05/18. Para ver máis imaxes preme na foto.

 

DÍA DA MULLER 8 DE MARZO DE 2018 - IGUAIS E LIBRES

07/03/18 ESTE TRABALLO DE CLASE AXUDOUNOS A ACLARAR AS IDEAS

02/03/18 UN CARTEL FEITO POLO ALUMNADO DE 4º ESO PROTAGONIZA A CAMPAÑA DO 8 DE MARZO DA XUNTA

01/03/18 CARTEL DO DÍA DA MULLER

01/03/18 ALUMNADO DO IES VAL DO ASMA CREA A IMAXE E O ESLOGAN DA CAMPAÑA DA XUNTA POLO DÍA DA MULLER

Distribuir contido


by Dr. Radut