Skip to Content

Novas

8 DE MARZO DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

Cartel elaborado polo alumnado de Plástica de 4º ESO

VACACIÓNS ENTROIDO 2019

O período vacacional de Entroido abrangue dende o luns 4 febreiro ata o mércores 6 de febreiro de 2019, ámbolos dous incluídos.

INSTRUCCIÓNS ABAU 2019

Publicadas as instrucións para a realización, dentro do curso 2018/2019, da avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU) para o curso 2019/2020. Para acceder á información preme aquí.

07/02/2019 A XUNTA TEN PREVISTO AMPLIAR O IES VAL DO ASMA PARA O CURSO 2019-2020

Para ver as nova institucional preme aquí e para vela nos distintos medios preme nas imaxes seguintes:

 

 

RESERVA DE PRAZA E ADMISIÓN ESO E BACHARELATO CURSO 2019-20

O alumnado xa matriculado no IES Val do Asma no curso actual 18/19 e que pretenda seguir estudos no mesmo centro o vindeiro curso, así como aquel alumnado que proceda do CEIP Xosé Luis Taboada ten que realizar a reserva de praza dende o 1 ata o 15 de febreiro de 2019 presentando o formulario ED550A. Para máis información preme aquí.

O novo alumnado que desexe cursar ESO ou BAC no IES Val do Asma ten que realizar a solicitude de admisión dende o 1 ata o 20 de marzo de 2019 presentando o formulario ED550B na secretaría do instituto ou a través da aplicación "admisionalumnado" (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado). Como criterio complementario aprobouse o seguinte: Familiares de 1º grado (nai, pai, titora ou titor) e/ou de 2º grado (avós, netos, irmán/s) que fóran alumnos do IES Val do Asma. Valoración 1 punto. Circunstancia que se acreditará coa fotocopia do libro de familia ou documento similar e a certificación de matrícula do nai, pai, titora ou titor ou irmán/s.

ABAU 2019

Publicadas as datas das probas de acceso á Universidade (ABAU). No 2019 a convocatoria de setembro, trasládase ao mes de xullo. As datas de realización das probas son do 12 ao 14 de xuño e do 10 ao 12 de xullo. Para máis información preme aquí.

PROBAS ACCESO A CICLOS 2019. GRAOS MEDIO E SUPERIOR

Calendario das probas de acceso a ciclos:
- Grao superior:
Inscripcións dende o 28 de xaneiro ata o 8 de febreiro de 2019, ambos os dous incluídos.
Data da proba: 10 de abril de 2019.
Para máis información das probas de acceso a ciclos de grao superior preme aquí.
- Grao medio:
Inscripcións dende o 7 ata o 22 de marzo de 2019, ambos os dous incluídos.
Data da proba: 28 de maio de 2019.
Para máis información das probas de acceso a ciclos de grao medio preme aquí.

FELICES FESTAS E BO 2019!

A comunidade educativa do IES Val do Asma deséxalles FELICES FESTAS.

O período vacacional de Nadal abrangue dende o sábado 22 de decembro ata o 7 de xaneiro ámbolos dous incluídos.

 

HORARIO ATENCIÓN VACACIÓNS NADAL 18-19

Durante as vacacións de Nadal o horario de atención ao público será de 11:00 a 13:00 horas durante as vacacións de Nadal. Se non poden personarse nas oficinas ou para solicitar documentación, con carácter urxente, pode chamar neste horario aos teléfonos 982 870 236 ou 638 752 187.

NOVOS MEMBROS CONSELLO ESCOLAR 2018

Nas pasadas eleccións, do 26 de novembro, a membros do Consello Escolar saíron elixidos/as:

Representantes do alumnado:

  • Candela Touriño González
  • Laura Suárez López
  • Sara Fernández Álvarez

Representantes dos pais, nais e titores:

  • José López Fernández
  • Mª José Vázquez Goyanes

Representantes do profesorado:

  • Roberto Campo Santos
  • Francisco Cidre Subiela
  • Mercedes Sánchez López
  • Ana Isabel Álvarez Teixeira
Distribuir contido


by Dr. Radut