Skip to Content

HORARIO DE INICIO DE CURSO

O luns 16 de setembro terá comezo o curso escolar 2019-2020 no IES VAL DO ASMA co seguinte horario:

- Ciclos medios e superiores en réxime ordinario: de 9:30 a 10:00 reunión coa equipa directiva e os profesores no salón de actos.

- Ciclos superiores en réxime dual: de 10:00 a 10:30 reunión coa equipa directiva e os profesores no salón de actos.

- Bacharelato (1º e 2º): de 10:30 a 11:00 reunión coa equipa directiva e titores no salón de actos. Reparto horario e instruccións básicas de funcionamento do curso nas aulas.

- FP Básica (1º e 2º curso): de 11:30 a 12:00 presentación do curso cos titores e equipa directiva no salón de actos.

- 2º, 3º e 4º da ESO (incluidos PMAR): de 12:00 a 12:30 benvida dos titores e da equipa directiva no salón de actos. Reparto horario e instruccións básicas de funcionamento do curso nas aulas.

- 1º da ESO: de 13:00 a 14:00 benvida ao curso escolar coa equipa directiva, instruccións e normas básicas da etapa. No salón de actos do centro.

 

O día de presentación non haberá transporte escolar disponible nin servizo de comedor.

Unha vez rematada a presentación de cada curso no horario fixado, aquel alumnado menor de idade que conte con autorización paterna para abandonar o centro poderá facelo, en caso contrario permanecerá nel ata ás 14:15 horas.

O martes 17 darán comezo ás clases co horario normalizado.

O IES VAL DO ASMA MANTÉN O "SELO DE VIDA SAUDABLE"

Por Orde  ECD/2475/2015, do 19 de novembro, créase o distintivo de calidade de centros docentes Selo Vida Saudable (BOE/BOE do 24). Esta Orde no seu artigo 7.2 establece que “periodicamente, e polo menos cada dous anos, poderán realizarse revisións por parte do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, co fin de comprobar se se continúan cumprindo os requisitos que xustificaron a concesión”.

Mediante Resolución do 13 de xuño de 2016, da Secretaría de Estado de Educación, Formación Profesional e Universidades, concedeuse ao IES VAL DO ASMA o distintivo de calidade “Selo Vida Saudable” para o 2016 (BOE/BOE do 21).

En cumprimento do previsto no artigo 7.2 da Orde  ECD/2475/2015, unha vez revisados todos os centros adxudicatarios de 2016, e de acordo coa proposta formulada pola comisión avaliadora, resolveuse manter o dereito ao uso do distintivo «SELO VIDA SAUDABLE» ao IES VAL DO ASMA.

LIBROS DE TEXTO CURSO 2019/2020

Adxúntase a relación de libros de texto para o vindeiro curso 2019/2020Pódese consultar dita relación dende o seguinte enlace.

CALENDARIO EXAMES SETEMBRO 2019

Os exames de setembro realizaranse os días 2 (luns), 3 (martes) e 4 (mércores) na ESO, Bacharelato e Ciclo Básico.

Pódese consultar a data e hora concreta de cada un dos exames no seguinte enlace.

OFERTA EDUCATIVA 2019-2020

ADMISIÓN CICLOS 2019/2020

A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, ven de publicar o calendario de admisión a ciclos formativos de formación profesional 2019-2020.

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
solicitude cubrirase a través de internet nos seguintes enlaces: Ciclos MediosCiclos Superiores e FP Dual.
A instancia que xera a aplicación informática débese imprimir e presentar, xunto coa documentación requerida, en calquera centro público de Galicia con oferta de formación profesional.
PRAZOS DE INSCRICIÓN:

  • O prazo ordinario será do 24 de xuño ao 2 de xullo ás 13:00 horas.
  • O prazo extraordinario abranguerá desde o día 3 ao 6 de setembro ás 13:00 horas.

Toda a información atópase nos documentos adxuntos.

PROXECTO PEDRA E COR NA RIBEIRA SACRA

Alumnado e profesorado de 3º ESO realizou durante este curso escolar un proxecto ABP (Aprendizaxe baseado en proxectos) en torno á Igrexa de Nogueira. Podedes ver o proxecto final elaborado premendo na seguinte imaxe:

 

VISITING RIBEIRA SACRA

Video elaborado polo alumnado do 1º curso do CS Axencias de Viaxes e Xestión de Eventos dentro do programa Estrela PluriFP en colaboración con Canguro English.

CAMIÑANTES Nº 9 - CURSO 2018/2019

 

ENTREGA NOTAS XUÑO

25/06/2019 11:00
25/06/2019 12:00

Os boletíns de notas finais da ESO, 1º BAC e da FP (réxime ordinario) serán entregadas polo/a profesor/a titor/a na aula de referencia do grupo o martes 25 de xuño as 11h. O alumnado da ESO beneficiario do fondo de libros deberá telos entregalos nesta data.

Distribuir contido


by Dr. Radut