Skip to Content

VISITA A LUGO

16/01/2020 10:10
16/01/2020 14:15
Alumnado do IES Val do Asma realizará unha visita a Lugo para realizar diferentes actividades:
1 - Visualización do film "O que arde"
Destinatarios: 1º e 2º de Bacharelato
Organiza: Departamento de galego
2 - Visita do cárcere franquista
Destinatarios: 1º e 2º de FPB
Organiza: Departamento de xeografía e historia

CON-VIVE - OBRADOIRO DE HABILIDADES SOCIAIS A TRAVÉS DO TREATRO (I)

16/01/2020 09:35
16/01/2020 13:25

Actividade, dentro do contrato-programa CON-VIVE, na que participará alumnado de 2º ESO, 3º ESO e PMAR no seguinte horario:

3º ESO e PMAR de 9:35 a 11:15
2º ESO de 11:45 a 13:25

Lugar: IES Val do Asma.
Destinatarios : Alumnado de ESO.
Organiza: Departamento de Orientación.

VISITA A SANTIAGO DE COMPOSTELA

20/01/2020 08:45
20/01/2020 16:45

Alumnado do IES Val do Asma realizará unha visita á Santiago de Compostela para coñecer a Catedral, visitar o Pórtico da Gloria e facer unha pequena xincana polo casco vello.

Lugar: Santiago de Compostela

Destinatarios : Alumnado de 1º e 2º da ESO e alumnado de 1º e 2º de FPB.

Organiza: Departamento de Xeografía e Historia.

REUNIÓN DE PAIS DO ALUMNADO DE 4º DE ESO

14/01/2020 16:00
14/01/2020 17:00

O vindeiro martes 14/01/2020 realizarase unha reunión para os pais/nais/titores legais do alumnado de 4º da ESO, que versará sobre a excursión de fin de curso.

Data/Hora: 14/01/2020 ás 16:00

Lugar: Salón de Actos do IES Val do Asma

 

VACACIÓNS DE NADAL 19-20

O período de vacacións de Nadal abrangue dende o luns 23 de decembro de 2019 ao martes 7 de xaneiro do 2020, ámbolos dous incluídos. O horario de atención ao público será de 11:00 a 13:00 horas durante este período. Se non poden personarse nas oficinas ou para solicitar documentación, con carácter urxente, pode chamar neste horario aos teléfonos 982 870 236 ou 638 752 187.

ENTREGA NOTAS 1ª AVALIACIÓN 19-20

20/12/2019 11:00
20/12/2019 11:15

A entrega dos boletíns de notas correspondentes á 1ª avaliación efectuarase o venres 20 de decembro de 2019 por parte do titor, na aula de referencia do grupo correspondente ás 11:00 horas para os cursos da ESO, FP Básica e Bacharelato.

No caso dos ciclos medios e superiores, os titores farán entrega dos boletíns no momento que consideren.

BOLETÍN INFORMATIVO SOBRE A ADICCIÓN AOS VIDEOXOGOS

Unidade Asistencial de Drogodependencias de Monforte de Lemos acaba de publicar un boletín informativo adicado á adicción aos videoxogos.

Pódese consultar dende aquí.

1º PREMIO "DESAFÍOS STEM: PROGRAMACIÓN, ROBÓTICA E IMPRESIÓN 3D"

O alumnado de 1º de Bacharelato do IES Val do Asma fíxose co primeiro premio nos "Desafíos STEM: programación, robótica e impresión 3D", convocados pola Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

Concretamente acadaron dito premio na categoría "STEM afondamento", no desafío "Programación" co seu proxecto "Sistema de alarma".

Pódese consultar toda a información referente aos premios no seguinte enlace.

PLAN PROXECTA 2019/2020

O PLAN PROXECTA é unha iniciativa de innovación educativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que busca a integración na planificación anual dos centros de programas postos en marcha por entidades alleas ao sistema educativo. Para máis información preme aquí.

listado definitivo de proxectos admitidos para a participación do IES Val do Asma dentro do Plan Proxecta durante o curso 2019/2020:

08. Donas de si

09. Por 365 días de respecto e igualdade

13. Proxecto Terra

29. Correspondentes xuvenís 3.0

OBRADOIRO BO TRATO

22/11/2019 11:45
22/11/2019 13:00

Por mor da conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero (25 de novembro) o IES Val do Asma realizará un obradoiro sobre o bo trato e mitos do amor romántico.

Destinatarios : alumnado 1º ESO.

Organiza: Departamento de Orientación

Distribuir contido


by Dr. Radut