Skip to Content

PROGRAMA PIALE: COMPARATIVA ENTRE OS SISTEMAS EDUCATIVOS FRANCÉS E GALEGO

No seguinte documento, inclúese unha comparativa entre os sistemas educativos francés e galego realizada a raíz da participación no programa PIALE da profesora de bioloxía e xeoloxía durante o mes de novembro.

Este programa está destinado a mellorar o nivel lingüístico do profesorado e a mellorar as súas competencias docentes.

OBRADOIRO QUÉROTE +: EDUCACIÓN AFECTIVO - SEXUAL

20/02/2020 10:25
20/02/2020 12:35

O alumnado de 3º da ESO do IES Val do Asma participará nun obradoiro sobre educación afectivo sexual.

Destinatarios: Alumnado de 3º da ESO

Organiza: Departamento de Orientación

CONCURSO DE MÁSCARAS

21/02/2020 12:00

Para conmemorar o Entroido, o IES Val do Asma organiza un concurso de máscaras entre todo o alumnado.

  • Cada alumno poderá presentar unha única máscara
  • Aspectos a valorar: orixinalidade, esforzo e resultado final.
  • As máscaras presentadas entregaranse antes do día 17 de febreiro en Vicedirección.
  • Premio único para o gañador ou a gañadora do concurso: vale de 40 € do Corte Inglés.
  • As máscaras estarán expostas por todo o centro desde a súa entrega ata o 21 de febreiro.
  • O día do Entroido (21 de febreiro) os alumnos/ as votarán a máscara que máis lles guste. O período para votar será de 9:00 h. ata as 12:00 h.
  • O nome do gañador ou da gañadora darase a coñecer o día 21 de febreiro a partir das 12:00h

Pódese consultar toda a información de dito concurso no seguinte enlace.

CHARLAS PREVENCIÓN DROGODEPENDENCIAS II

19/02/2020 08:45
19/02/2020 13:25

O alumnado do IES Val do Asma recibirá unha charla sobre a prevención de drogodependencia.

Os horarios concretos de cada unha das charlas e o grupo correspondente son:

  • FP Básica: 8:45 - 9:35
  • 2º ESO: 9:35 - 10:25
  • 4º ESO: 10:25 - 11:15
  • 3º ESO: 12:35 - 13:25

Lugar: Aula de referencia de cada grupo

Organiza: Departamento de Orientación

CHARLA ORIENTACIÓN ACADÉMICA: A NOVA ETAPA DA ESO NO IES VAL DO ASMA

12/02/2020 16:30

Charla dirixida ás familias de nenos/as de Educación Primaria dos CEIPs Eloísa Rivadulla e Xoán de Requeixo: "Charla Orientación Académica: A nova etapa da ESO no IES Val do Asma".

Os contidos que se abordarán están relacionados coa organización da nova etapa, as materias da ESO, cambios respecto á Educación Primaria, actividades que se levan a cabo no IES, etc. Así como, dúbidas que como pais e nais podan xurdir de cara a escolarización dos nenos e nenas.

 

Hora: 16:30

Lugar: Salón de actos IES Val do Asma

Organiza: Xefatura de Estudos e Orientación Educativa.

PRESENTACIÓN ASOCIACIÓN "POLA MIÚDA"

17/02/2020 15:05
17/02/2020 15:55

Presentación da asociación "Pola miúda", a primeira organización feminista nacida en Chantada.

Destinatarios: Alumnado de 3º ESO, 4º ESO e 1º BACH

Organiza: Departamento de Orientación

Lugar: Salón de Actos do IES Val do Asma

CALENDARIO 1º PARCIAL DE PENDENTES

No seguinte enlace pódese consultar o calendario do 1º parcial de pendentes a celebrarse do 10 ao 14 de febreiro de 2020.

VISITA ECOMUSEO DE ARXERIZ

13/02/2020 09:35
13/02/2020 13:25

O alumnado do IES Val do Asma realizará unha visita ao Ecomuseo de Arxeriz.

Destinatarios: Alumnado de 1º e 3º de ESO, alumnado de 1º de BAC,  alumnado de 1º e 2º de FP Básica e alumnado do CS de Axencias.

Lugar: Pazo de Arxeriz

CHARLA "DÍA INTERNACIONAL DA MULLER E DA NENA NA CIENCIA"

12/02/2020 11:30

O alumnado do IES Val do Asma acudirá a unha charla polo día internacional da muller e da nena na ciencia, organizada baixo o programa do Plan Proxecta "Donas de si".

Lugar: Salón de Actos do IES Val do Asma

Destinatarios: Alumnado de 2º, 3º e 4º da ESO, e alumnado da rama de ciencias de 1º e 2º de Bacharelato

Organiza: Departamento de Física e Química

ADMISIÓN DE ALUMNADO DE ESO E BACHARELATO PARA O CURSO 2020/2021

Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2020/2021, coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa.

O prazo de solicitudes abranguerá do 1 ao 17 de febreiro, ambos incluídos.

Disponse de toda a información do procedemento no seguinte enlace.

Do mesmo xeito, pode descargarse o impreso de solicitude dende aquí.

A solicitude de reserva de praza escolar será única e presentarase no centro de orixe ou na sede electrónica a través da aplicación: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/.

A consulta das listaxes de alumnado admitido, que se publicarán antes do día 29 de febreiro, debe realizarse no centro no que está matriculado no presente curso ou na aplicación admisionalumnado.

ADMISIÓN DE ALUMNADO DE ESO E BACHARELATO PARA O CURSO 2020/2021
Distribuir contido


by Dr. Radut