Skip to Content

O MÉTODO ETNOGRÁFICO

26/04/2019 09:35
26/04/2019 10:25

O antropólogo Alfredo Valín impartirá unha charla sobre sobre como facer etnografías. Esta charla está orientada á preparación da entrevista que o alumnado lle realizará á primeira bibliotecaria de Chantada, Pilar Costa.

Lugar: IES Val do Asma
Grupos: 3º ESO E 1º BAC
Organiza: Departamento de Biblioteca e Turismo

PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO

24/04/2019 11:45
24/04/2019 13:25

Impartido pola Garda Civil, no marco do Plan Director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos para o curso 2018/2019.

Lugar: IES Val do Asma
Grupos: 3º e 4º ESO
Organiza: Departamento de Orientación

DÍA DO LIBRO 2019

23/04/2019

Actividade de intercambio de libros, durante toda a semana.



Grupos: Toda a comunidade educativa.

Organiza: Biblioteca do IES Val do Asma

PROBAS LIBRES FP 2019

Lugar de presentación de solicitudes: na secretaría de calquera centro público en que se oferten probas libres para a obtención de títulos LOE, malia que non sexa o centro elixido en primeira opción.
Prazo de solicitude de admisión:  15 ao 30 de abril de 2019 ata as 13:00 h.
Para máis información preme aquí.

VACACIÓNS SEMANA SANTA 2019

As vacacións de Semana Santa abranguerán dende o luns 15 ata o luns 22 de abril de 2019, ámbolos dous incluidos, segundo se establece no calendario escolar.
Horario de atención ao público:

Luns 15 de abril 11:00 a 13:00 horas
Martes 16 de abril 11:00 a 13:00 horas
Mércores 17 de abril 11:00 a 13:00 horas
Luns 22 de abril 11:00 a 13:00 horas

Se non poden personarse nas oficinas ou para solicitar documentación, con carácter urxente, pode chamar neste horario aos teléfonos 982 87 02 36  ou 638 75 21 87.

FERROL - FRAGAS DO EUME

09/04/2019 08:30
10/04/2019 19:00

Visita organizada dentro do Proxecto Terra
Programa da actividade.


Lugar: Ferrol e Fragas do Eume
Grupos: 3º e 4º ESO e 1º BAC.
Organiza: Departamento de Xeografía e Historia.

Para ver máis fotografías da visita preme na imaxe.

REXENÉRATE

08/04/2019 15:05
08/04/2019 16:45

Charla-Obradoiro contra a violencia de xénero impartido por Alar-Galicia

Lugar: IES Val do Asma
Alumnado: 3º e 4º ESO
Organiza: Departamento de Orientación

PERIODO DE PRÁCTICAS EN EMPRESAS (FCT) 2018/2019

O periodo ordinario para a realización das prácticas en empresas ou formación en centros de traballo (FCT) no curso 2018/2019 será:
C.B. Mantemento de vehículos: do 22 de abril ao 18 de xuño de 2019, ambos incluídos.
C.M. Electromecánica do vehículo automóbil: do 2 de abril ao 18 de xuño de 2019, ambos incluídos.
C.S. Administración e finanzas: do 4 de abril ao 14 de xuño de 2019, ambos incluídos.

DÍA DAS ARTES GALEGAS

01/04/2019

Hoxe 1 de abril celébrase o Día das Artes Galegas, este ano adicado a Luis Seoane.

PREVENCIÓN DROGODEPENDENCIAS 2

02/04/2019 09:35
02/04/2019 11:15

Organizado polo departamento de orientación, en colaboración coa Unidade Asistencial de Drogodependencias de Monforte de Lemos.

Lugar: IES Val do Asma.
Grupos: 1º e 2º FP básica (9:35 a 10:25).
Grupos: 3º ESO (10:25 a 11:15).
Organiza: Departamento de Orientación.

Distribuir contido


by Dr. Radut