Skip to Content

PREMIO FOLIÓN CARROS 2019

O cartel elaborado pola alumna de 2º de ESO do IES Val do Asma, Nerea Rodríquez Lage, resultou gañador do concurso organizado polos Amigos do Folión de Carros de Chantada. Este cartel será o que anunciará o Folión de Carros 2019.
Noraboa a Nerea e a profesora de plástica, Lola López!!!

PRESENTACIÓN CARTEL GAÑADOR FOLIÓN CARROS 2019

04/06/2019 11:00
04/06/2019 13:00

Alumnado de 1º, 2º e 3º de ESO que participaron co Concurso de Carteis Folión de Carros 2019 acuden á presentación do cartel gañador.

Lugar: Casa da Cultura de Chantada.

Organiza: Asociación Amigos do Folión de Carros e  Departamento de Plástica.

Preme na imaxe para ver máis fotografías do evento.

 

PRESENTACIÓN CARTEL EXPOSICIÓN "COBERTORES DE EMOCIÓNS, PAN E CHOCOLATE"

31/05/2019 11:00
31/05/2019 11:30

Presentación do cartel elaborado polo alumnado de Plástica de 4º ESO para a exposición "Cobertores de emocións, pan e chocolate" que se inaugura no Pazo de Sabadelle o vindeiro sábado 8 de xuño ás 20.30 horas.

Lugar: IES Val do Asma.
Organiza: Departamento de Plástica coa colaboración do Pazo de Sabadelle.

Preme aquí para ver fotografías da inauguración. 

 

EXAMES EXTRAORDINARIOS 2º BAC - XUÑO 2019

Os exames extraordinarios de 2º BAC realizanse realizaranse entre os días 17 ao 21 de xuño de 2019. Para máis información preme no calendario.

IMPORTANTE!!! O exame de Economía do día 19 de xuño comezará as 9.35 h e non ás 10.25 como aparece no calendario.

CHARLA SOBRE MEDICINA LEGAL

30/05/2019 11:45
30/05/2019 12:35

Alumnado de ESO e BAC asistirá a unha charla sobre Antropoloxía e Medicina Legal, impartida polo Médico Forense, Fernando Serrulla.

Lugar: IES Val do Asma
Grupos: 4º ESO e 1º BAC
Organiza: Departamentos de Filosofía e Bioloxía.

TRABALLANDO POR PROXECTOS - 1

30/05/2019 09:35
30/05/2019 14:15

Alumnado e profesorado de 3º ESO acudirán a Igrexa románica de Nogueira para unha nova toma de contacto relacionada coa actividade Traballando por proxectos que se está a desenvolver durante o curso 18-19 no IES Val do Asma.

25/05/19 UN VIVEIRO CREADO NO IES VAL DO ASMA AXUDA Á REFORESTACIÓN

 

PARÁMETROS PONDERACIÓN MATERIAS ABAU 2019

Publicación dos parámetros de ponderación das materias de opción e troncais de modalidade da proba de avaliación do bacharelato para o acceso ás ensinanzas universitarias oficiais de grao do SUG para o curso 2019/2020. Para acceder á información preme aquí.

ENTREGA NOTAS 3ª AVALIACIÓN CM E CS

A entrega dos boletíns de notas correspondentes á 3ª avaliación, 1º CS Administración e Finanzas e 1º CM Electromecánica de Vehículos automóbiles, efectuarase por parte do titor e na aula de referencia do grupo correspondente o venres, 31 de maio de 2019 ás 14:00 horas.

PREMIOS EXTRAORDINARIOS ESO 2018/19

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca os premios extraordinarios de ESO ao rendemento académico correspondentes ao curso 2018/19.

Prazo de presentación de solicitudes: do día 6 de xuño de 2019 ata o día 5 de xullo de 2019.

Para mais información preme aquí.

Distribuir contido


by Dr. Radut