Skip to Content

HORARIO DE INICIO DE CURSO

O luns 16 de setembro terá comezo o curso escolar 2019-2020 no IES VAL DO ASMA co seguinte horario:

- Ciclos medios e superiores en réxime ordinario: de 9:30 a 10:00 reunión coa equipa directiva e os profesores no salón de actos.

- Ciclos superiores en réxime dual: de 10:00 a 10:30 reunión coa equipa directiva e os profesores no salón de actos.

- Bacharelato (1º e 2º): de 10:30 a 11:00 reunión coa equipa directiva e titores no salón de actos. Reparto horario e instruccións básicas de funcionamento do curso nas aulas.

- FP Básica (1º e 2º curso): de 11:30 a 12:00 presentación do curso cos titores e equipa directiva no salón de actos.

- 2º, 3º e 4º da ESO (incluidos PMAR): de 12:00 a 12:30 benvida dos titores e da equipa directiva no salón de actos. Reparto horario e instruccións básicas de funcionamento do curso nas aulas.

- 1º da ESO: de 13:00 a 14:00 benvida ao curso escolar coa equipa directiva, instruccións e normas básicas da etapa. No salón de actos do centro.

 

O día de presentación non haberá transporte escolar disponible nin servizo de comedor.

Unha vez rematada a presentación de cada curso no horario fixado, aquel alumnado menor de idade que conte con autorización paterna para abandonar o centro poderá facelo, en caso contrario permanecerá nel ata ás 14:15 horas.

O martes 17 darán comezo ás clases co horario normalizado.

AdxuntoTamaño
horario inicio de curso.pdf194.96 KB


story | by Dr. Radut