Séguenos nas redes sociais: Facebook Teis

Admisión e matrícula

Proceso de admisión alumnado 2018/2019 (Formación Profesional)

Formación Profesional

As ensinanzas de formación profesional conducentes á obtención dos títulos de técnico e de técnico superior están organizadas en ciclos formativos de grao medio e de grao superior, respectivamente.

Para realizar estudos nos centros docentes sostidos con fondos públicos é necesario, ademais de cumprir os requisitos de acceso, participar nun proceso de admisión.

Procedemento de admisión de alumnado 2018/2019 (ESO e BACHARELATO): Información ao alumnado e ás familias

Información ao alumnado e ás familias (Artigo 13 da ORDE do 12 de marzo de 2013)

  1. Normativa reguladora do procedemento de admisión

    DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (ver documento).

    ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (ver documento).

CALENDARIO PRESENTACIÓNS ALUMNADO CURSO 2017/2018

As presentacións desenvolveranse no salón de actos.

DÍA CURSO HORA
15 setembro de 2017 1º ESO 18:00
18 setembro de 2017 2º,3º e 4º ESO 10:00
18 setembro de 2017 BACHARELATO 11:30
18 setembro de 2017 CICLOS DE FP (RÉXIME ORDINARIO) 13:00
18 setembro de 2017 2º FP BÁSICA 16:30
18 setembro de 2017 1º FP BÁSICA 17:00
18 setembro de 2017 CICLOS DE FP (RÉXIME ADULTOS) 18:00
25 setembro de 2017 Educación Secundaria Adultos 18:00
Distribuir contido