Skip to main content

Saída a Catoira e Caldas de Reis

<br />
    Saída a Catoira e Caldas de Reis

O alumnado de 4ºESO de Bioloxía e Xeoloxía do IES de Teis, o xoves 4 de maio, realizou unha saída a Catoira e Caldas de Reis para realizar un traballo sobre distintos contidos da materia.

Estivemos observando distintos recursos e impactos no territorio. Recursos mineiros: canteiras de granito e de conglomerados utilizados para xerar áridos. Recursos enerxéticos como o vento, as augas fluviais e augas termais que se utilizaron de forma tradicional nos muíños onde se moían os cereais, ou de forma actual nos aeroxeradores e centrais hidroeléctricas para obter electricidade. Recursos biolóxicos, observamos distintos ecosistemas: xunqueiras, bosques de ribeira. Impactos ambientais (causados pola actividade mineira, así como a recuperación ou non deses espazos despois da súa explotación, construción de vías de comunicación, vertedoiros non controlados, introdución de especies exóticas invasoras como a tradescantia...) e riscos (inundacións, desprendementos de ladeira...).

Este ano ademais engadimos un par de paradas en Catoira para ver petróglifos e para visitar o centro de interpretación das torres do Oeste.

Agradecemos a Alicia profesora do Departamento de Bioloxía que para a preparación da actividade contactara co concello para conseguir chaves e ver o interior dos muíños, por contactar con Cristina Conde Escaloni, veciña de Catoria, especializada en petróglifos e co persoal do centro de interpretación, así como por ir un par de tardes a Catoira para debruzar o acceso a zona do afloramento xeolóxico de depósitos fluviais de conglomerados depositados a modo de terrazas abandonadas durante a a última era glacial, lugar de gran interese para escolares e científicos debido a súa importancia xeolóxica.

 

Galería de imaxes do evento

Saída a Catoira e Caldas de Reis Saída a Catoira e Caldas de Reis Saída a Catoira e Caldas de Reis Saída a Catoira e Caldas de Reis Saída a Catoira e Caldas de Reis

Esta páxina usa Lightbox2 por Lokesh Dhakar dispoñible en https://lokeshdhakar.com/projects/lightbox2/ baixo The MIT License