Skip to main content

Moi boa actuación no concurso Programame

Programame 2022

O pasado xoves 28 de abril celebrouse o concurso nacional ProgramaMe para alumnos matriculados en Ciclos Formativos de Formación Profesional organizado desde a Facultade de Informática da UCM.

Nesta edición houbo 135 equipos de 49 centros de formación profesional de toda España. Cada equipo está composto de 3 membros e ao longo de 3 horas deberon resolver 11 problemas. As solucións propostas polos equipos deberán estar escritas nas linguaxes de programación C, C++ ou Java e serán validadas por un xuíz automático. O equipo gañador deste campionato será aquel que sexa capaz de resolver o maior número de problemas.

Despois da preselección que se fixo o 7 de abril entre o noso alumnado dos ciclos de programación, con dous equipos. Un deles resolveu dous problemas e o outro, catro, acadando este último a novena posición e recibindo unha medalla de bronce. Noraboa rapaces! Estamos moi orgullosos de contar con todos vós entre o noso alumnado.

Este curso ProgramaMe, ante a situación que está a vivir actualmente Ucraína, está orientado a recoller fondos para os refuxiados ucranianos co lema “un problema resolto, unha doazón”. O cuncurso contou con benefactores entre o profesorado do Departamento de Informática, que levaron a cabo doazóns por cada problema resolto, recaudándose un total de 126€ que foron doados a Acnur.

Nesta páxina pódese consultar a clasificación completa.

Programame 2022Programame 2022Programame 2022Programame 2022Programame 2022Programame 2022Programame 2022Programame 2022Programame 2022Programame 2022Programame 2022Programame 2022Programame 2022Programame 2022Programame 2022Programame 2022Programame 2022

 

Galería de imaxes do evento

Esta páxina usa Lightbox2 por Lokesh Dhakar dispoñible en https://lokeshdhakar.com/projects/lightbox2/ baixo The MIT License