Enviado por admin o Xov, 30/11/2023 - 01:00
O pasado 30 de outubro, O Departamento de Orientación e o Grupo de Igualdade e Diversidade do IES de Teis, levaron a todo o alumnado de 3º ESO a ABANCA Teatro Afundación a ver a obra de teatro: Golfa. É unha obra que trata o tema do acoso virtual tras finalizar unha relación (relacionado coa violencia de xénero). É un exercicio escénico sobre pedagoxía da sexualidade nas Redes Sociais. Trala obra de teatro, houbo un coloquio/encontro cos actores e actrices así como coa sexóloga especializada en xénero pola Fundación Sexpol e a traballadora social Bárbara Penas.
Esta páxina usa Lightbox2 por Lokesh Dhakar dispoñible en https://lokeshdhakar.com/projects/lightbox2/ baixo The MIT License