Skip to main content

Descubrindo as rochas que pisas en Teis

O pasado mércores dia 9 estivo connosco o xeólogo Francisco Canosa para falarnos da xeoloxía de Galicia e da historia das rochas da nosa contorna, na actividade que leva por título "Descubrindo as rochas que pisas", que leva xa presentado nos últimos meses por distintos centros da nosa comunidade autónoma.

O alumnado de 4º da ESO e 2º de Bacharelato tivo a oportunidade de repasar de xeito ameno e didáctico a historia xeolóxica de Galicia, e de paso achegarse ás ferramentas de traballo en xeoloxía : a luz ultravioleta, as lupas e compases, as testemuñas de sondaxe e ata un contador Geiger.

A actividade rematou no laboratorio de Ciencias, cun taller de recoñecemento de rochas usando chaves de identificación.

Cando tocou o timbre das 14:30 os alumnos e alumnas marcharon con paso firme, pero seguro que con máis coñecemento do terreo que pisan .

 

 

AdxuntoTamaño
20160309_121717 (800x480).jpg193.01 KB
20160309_130147 (800x480).jpg206.87 KB
20160309_141253 (800x480).jpg220.82 KB