Skip to main content

CHARLA DE ORIENTACIÓN PROFESIONAL

<br />
Charla de orientación profesional

O pasado 30 de maio o alumnado de 3º e 4º de ESO asistiu a unha actividade na que estudantes de cursos anteriores do IES de Teis, contaron en primeira persoa o que decidiron estudar unha vez acadado o título de ESO ou de BAC.

Expuxeron que estudos estaban a facer e en que consistirá o traballo que van desenvolver cando rematen.

Interviñeron : Ana Portas Vasco, Nadia Márquez Iglesias, Pedro de Paz Landín, Smerlyn Soribel Tejada Aracena, Uxía García Pérez e Veruska Valentina Subero Núñez .

Como colofón de tan interesante actividade, contamos coa intervención do Xefe do Departamento de Matemáticas, David Rodríguez Vicente, que dun xeito entretido e motivador animou ao alumnado a mellorar aquelas actitudes que conducen a un bo desenvolvemento educativo e profesional.

Moitísimas grazas a todas/os as/os participantes.

Aqui tedes algunhas fotos da actividade.

 

Charla de orientación profesional Charla de orientación profesional Charla de orientación profesional Charla de orientación profesional Charla de orientación profesional