Skip to main content

Charla co alumanado sobre o programa Erasmus+

<br />
    Charla Erasmus+ alumnado

Onte tivo lugar no salón de actos unha charla para o alumnado dos segundos cursos dos ciclos formativos para informalos da convocatoria aberta de bolsas Erasmus+ para realizar a FCT no estranxeiro.

Os dinamizadores de Proxectos Internacionais informaron ao alumnado e ás persoas titoras dos prazos da convocatoria, os criterios de selección e as condicións económicas das bolsas.

Podes atopar máis información sobre esta convocatoria nesta ligazón.

Ademais gravamos un podcast con alumnado que desfrutou dunha bolsa Erasmus+ o pasado curso, que nos contaron a súa experiencia e cos dinamizadores de Proxectos Internacionais, que nos informaron sobre a convocatoria que está aberta agora mesmo. Podes escoitalo en RadioTeis.

Galería de imaxes do evento

Eramus+ Budapest Charla Erasmus+ alumnado Charla Erasmus+ alumnado

Esta páxina usa Lightbox2 por Lokesh Dhakar dispoñible en https://lokeshdhakar.com/projects/lightbox2/ baixo The MIT License