Skip to main content

Convocatoria de bolsas Erasmus+ para alumnado

Ábrese o prazo da convocatoria para a realización de mobilidades de alumnado no estranxeiro no período comprendido entre xaneiro e xuño de 2023.  A convocatoria está dirixida ao alumnado seguinte das Familias Profesionais de Imaxe Persoal e Informática:

  • 2º FP Básica para a realización da FCT o período de abril-maio de 2023
  • 2º FP Grao Medio para a realización da FCT no período de abril-maio de 2023 
  • 2º FP Grao Superior para a realización da FCT no período de abril-maio de 2023 
  • Alumnado de Ciclo Medio recén titulado, para realizar prácticas no período xaneiro-marzo de 2023
  • Alumnado de Ciclo Superior recén titulado, para realizar prácticas no período xaneiro-marzo de 2023

Podes consultar os protocolos completos de selección aquí e os impresos aquí.

Lugar de entrega de solicitudes: Secretaria IES de Teis

Prazo fin: 28 de novembro de 2022