Enviado por admin o Mar, 21/07/2020 - 23:14
Publicadas no portal educativo as listaxes de persoas con praza adxudicada e de persoas en espera para proxectos de formación profesional dual para o curso 2020-2021.
As listaxes garanten a confidencialidade dos datos persoais, por iso cada persoa está identificada cun código persoal de consulta (CPC). O CPC é un código alfanumérico único para cada persoa que participa no proceso de admisión de FP. Para consultar a situación persoal nas listaxes poderase obter o CPC da aplicación informática ciclosadmision.