Enviado por admin o Sáb, 14/12/2019 - 00:25
O alumnado de 2º do CM Sistemas Microinformáticos e Redes e de 2º do CS Administración de Sistemas Informáticos en Rede da quenda de Ordinario, acompañados polos docentes do centro Cristina Castiñeira, Antonio de Andrés e Agustín Sobral, viaxou o pasado martes 10 de decembro a Santiago para visitar o Centro de Procesamento de datos da AMTEGA e así poder comprobar in situ as medidas de seguridade empregadas e que estudaran nos módulos de Seguridade dos seus ciclos.
Aproveitaron a hora da comida para pasear polo casco vello e asistiron pola tarde ás xornadas de Automatización de tarefas de administración en dispositivos de rede Cisco mediante Python, organizadas polo Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia e a Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral.