Enviado por admin o Lun, 18/01/2021 - 10:15
Como actividade dependente da conmemoración do Día Internacional dos Dereitos Humanos, o día 8 de xaneiro celebrouse no salón de actos do instituto a conferencia “Unha aventura chamada activismo”, á que asistiron o alumnado de 3º e 4º da ESO e de 1º de Bacharelato.
O relator, Ricardo Ruidiaz, de nacionalidade colombiana, é periodista, defensor dos dereitos humanos e dirixe unha ONG chamada Amigos Unidos.
Enviado por admin o Mar, 22/12/2020 - 11:37
Con motivo da conmemoración no 25 de novembro, Día Interacional contra a Violencia de Xénero, o noso instituto acolleu unha exposición de Amnistía Internacional con carteis de mulleres de todo o mundo, defensoras dos dereitos humanos que, con frecuencia, son atacadas non só polo seu activismo senón tamén por mor do seu xénero.
Enviado por admin o Dom, 20/12/2020 - 16:08
Esta semana entregáronse os premios do concurso de chapas que os distintos cursos da ESO e FP Básica crearon nas titorías con motivo da conmemoración do 25 de novembro, Día Internacional Contra a Violencia de Xénero.
Estas son as persoas gañadoras:
Enviado por admin o Xov, 17/12/2020 - 19:24
O alumnado de primeiro curso de FP Básica de Informática de Oficina tiveron a oportunidade o pasado venres 4 de decembro de asistir a una charla-coloquio con Don Luis Cornide López, Director de Recursos Humanos de Magna Seating Internacional. Con máis de 20 anos en postos de alta Dirección e dirixindo equipos de Recursos Humanos, soubo captar a atención dun alumnado que, coas súas preguntas deixaron constancia do seu interese no tema proposto: “A entrevista de traballo: todo o que hai que saber e que non aparece nos manuais”.
Enviado por admin o Mar, 22/12/2020 - 11:46
Neste Nadal tan atípico a comunidade educativa do IES de Teis quere desexarvos unhas boas festas e amosarvos algunhas das actividades que se levaron a cabo nestas datas. Toda a comunidade educativa colaborou para decorar a árbore para que estivesen representados os distintos departamentos.
Enviado por admin o Xov, 10/12/2020 - 19:08
Hoxe 10 de decembro celébrase o Día Internacional dos Dereitos Humanos. Conmemórase o día no que a Asemblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, o 10 de decembro de 1948. Este documento histórico, traducido a máis de 500 idiomas, proclamou os dereitos inherentes a todos os seres humanos sen importar a súa raza, cor, relixión, sexo, idioma, opinións políticas ou doutra índole, orixe nacional ou social, propiedades, lugar de nacemento, nin ningunha outra condición.
Neste curso traballouse o día nas horas de titorías, creando o alumnado de ciclos formativos e ESO unha representación artística Redes Polos Dereitos Humanos e e un mural para a expresión das súas opinións.
Enviado por admin o Xov, 26/11/2020 - 00:21
Cada 25 de novembro se conmemora o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Nesta ocasión evitamos os actos multitudinarios e traballamos este día en cada aula. Deste xeito traballouse nas aulas o tema mediante coloquios, debates, vídeos e material relacionado, como a exposición Mulleres en Loita de Amnistía Internacional. Fíxose fincapé na historia daquelas mulleres que dan nome ás nosas aulas e que sufriron violencia de xénero, creando un xornal con artigos sobre elas. Ademais, nas horas de titoría, o alumnado preparou chapas con lemas relacionados. Podes votar no concurso de chapas na seguinte ligazón: https://25n-iesteis.blogspot.com/
O departamento de Orientación preparou ademais viñetas de Mafalda relacionadas para traballar co alumnado nas titorías, que se colocaron nas paredes de acceso ao espazo de Igualdade.
E desde a biblioteca recoméndannos unha serie de libros relacionados coa violencia sobre as mulleres:
Enviado por admin o Dom, 22/11/2020 - 17:40
Convócanse bolsas Erasmus+ para recén titulados de ciclos de FP de Grao Medio.
Enviado por admin o Mér, 18/11/2020 - 22:21
Publicada a ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21.
Nesta ligazón podes atopar unha síntese da mesma:
https://agueiro.xunta.gal/view/view.php?t=rB4dvHKS1joXhQ8LfPAW
Enviado por admin o Ven, 23/10/2020 - 12:55
Os días non lectivos, solicitados polo Consello Escolar do IES de Teis, son o luns 2 de novembro de 2020 e o martes 18 de maio de 2021 (este último pendente resolución da xefatura territorial).
Enviado por admin o Xov, 22/10/2020 - 16:20
Por mor da situación sanitaria que estamos a vivir, os ciclos superiores da familia de Informática e Comunicacións do noso centro están impartindo as clases de xeito semipresencial. O Faro de Vigo faise eco da situación e publicou esta noticia sobre o tema.
Enviado por admin o Dom, 18/10/2020 - 15:38
Coa voráxine deste inicio de curso tan diferente, aínda tiñamos sen publicar na web a noticia do Faro de Vigo do mes de setembro no que Jaime Vázquez, profesor de matemáticas do noso instituto, fala dos retos que supón o inicio do vindeiro curso para os docentes.
Velaquí o texto completo da noticia.
Enviado por admin o Mér, 14/10/2020 - 22:48
Nesta ligazón podes consultar o plan de continxencia do IES de Teis no contexto da COVID-19.
Enviado por admin o Mar, 06/10/2020 - 11:22
Podes consultar nesta ligazón o plan de adaptación á situación COVID-19 no curso 2020-2021 do IES de Teis (Desenvolto segundo sinala o Anexo V do Protocolo de Adaptación ao Contexto da COVID-19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2020-2021 versión 16-09-2020)
Enviado por admin o Mar, 22/09/2020 - 18:51
Neste documento se indica a información para alumnado e familias para este curso no contexto COVID-19.
Enviado por admin o Mar, 08/09/2020 - 15:03
Actualización 14/09/2020: Cambio no libro de Debuxo Técnico de Bacharelato, que pasa de 1º a 2º por mor das circunstancias especiais do pasado curso.
Podedes consultar aquí os libros de texto para este curso 2020-2021.
Enviado por admin o Mér, 02/09/2020 - 11:10
Este verán foi noticia Irene Gómez, alumna do IES de Teis nos pasados cursos, que é campiona de lanzamento de martelo e un dos mellores expedientes do noso instituto, cunhas cualificacións brillantes na ABAU. Neste artigo explica como compaxinou os estudos coa actividade deportiva.
Velaquí o texto completo da noticia.
Enviado por admin o Xov, 25/06/2020 - 23:44
Comprácenos anunciar que o noso centro acollerá o curso próximo o seu primeiro ciclo de FP Dual: o CS Desenvolvemento de Aplicacións Multiplataforma, en colaboración coa empresa Imatia.
Vantaxes da FP Dual:
- O 33% por centro das horas do ciclo terán lugar na empresa, no primeiro curso, entre maio e agosto de 2021. Estas prácticas son remuneradas, con alta na Seguridade Social.
- Grupos reducidos, cun alumnado de unicamente 12 persoas por grupo.
- Facilita o acceso ao mercado laboral.
Enviado por admin o Mér, 24/06/2020 - 01:01
Xa está dispoñible no portal educativo a información e calendario do proceso de admisión para os ciclos de FP de graos medio e superior para os réximes ordinario e de persoas adultas. Podes acceder desde a seguinte ligazón. E aquí podes atopar o calendario de admisión.
Se queres cursar algún ciclo no noso centro, non esquezas presentar a túa solicitude entre o 25 de xuño ás 9:00 e o 8 de xullo ás 13:00. Agardámoste!
Enviado por admin o Mér, 24/06/2020 - 00:38
Xa están publicados os horarios dos ciclos de FP do noso centro en réxime de persoas adultas.
Podes consultalos en: https://www.edu.xunta.gal/centros/iesteis/horarioProximoCurso
Enviado por admin o Lun, 27/04/2020 - 10:10
Co fin de facilitar á comunidade educativa o uso dos distintos servizos dixitais, están dispoñibles 12 videotitoriais nos que se amosa de xeito sinxelo como comezar a usar cinco servizos dixitais educativos: abalarMóbil, Agueiro, Webs Dinámicas e videoconferencias Webex.
Pódese acceder a eles desde o portal educativo: http://www.edu.xunta.gal/portal/node/30904

Todos os días deberían ser o día contra a Violencia de Xénero