Enviado por admin o Ven, 19/01/2024 - 21:17
DevFest é un evento tecnolóxico mundial organizado polas comunidades GDG e ambassadors de WTM, que se leva a cabo entre setembro e decembro de cada ano. Preséntanse charlas, demostracións prácticas e laboratorios de código sobre a última tecnoloxía de Google, e onde se reúnen profesionais, estudantes e entusiastas da tecnoloxía para compartir coñecementos e experiencias. Nesta ocasión o alumnado de 1º e 2º do ciclo superior DAW en Informática, aproveitou a oportunidade de asistir e coñecer sobre aplicacións de desenvolvemento Web e Intelixencia Artificial, acompañados polas profesoras: Cristina Puga, Marta Rey e Jeny do Vale. Foi unha experiencia totalmente gratificante.
Esta páxina usa Lightbox2 por Lokesh Dhakar dispoñible en https://lokeshdhakar.com/projects/lightbox2/ baixo The MIT License