Skip to main content

Visita do alumando de segundo de ASIR ao Hospital Álvaro Cunqueiro

Visita de ASIR ao CPD do Hospital Álvaro Cunqueiro

Tras asistir a unha sesión teórica, na que o alumnado coñeceu como funciona todo o sistema, visitaron a estancia que alberga os servidores e as unidades centrais, cunha capacidade de almacenamento superior a 300 Terabytes. Unha cifra que en términos de consumo normal, por poñer un exemplo, significa que poderían almacenarse no Álvaro Cunqueiro 100 millóns de fotografías. Posteriormente, o alumnado visitou a infraestrutura a nivel de servidores, que permanece no Hospital do Meixoeiro e que se van trasladando, progresivamente, ao centro de proceso de datos do novo hospital de Beade. Se lles explicaron, ademais as medidas de seguridade do Centro de Proceso de Datos.

Na sesión teórica, se lles explicou que o soporte informático do Álvaro Cunqueiro, non se limita soamente aos ordenadores ou á telefonía, senon que dá servicio á nova tecnoloxía de que está dotada o hospital, mediante aplicacións informáticas. A máis utilizada das aplicacions é a Historia Clínica Electrónica "IANUS", que a utilizan sobre 5.000 profesionais sanitarios e que sirve de soporte dixital para tódolos aspectos relacionados coa asistencia médica. pero tamén observaron como no novo hospital se implantaron outras que afectan a áreas determinadas de traballo: unidades de críticos, robotización da farmacia hospitalaria, quirófanos integrados ou terminais a pé de cama. Estas últimas permiten que o persoal sanitario poida controlar, ó lado do paciente hospitalizado, a sua evolución, as probas que se lle practicaron ou o seu historial clínico, ademais de controlar dixitalmente a medicación que se lle administra mentres o doente está ingresado.

 

Galería de imaxes da saída

Visita de ASIR ao CPD do Hospital Álvaro Cunqueiro Visita de ASIR ao CPD do Hospital Álvaro Cunqueiro Visita de ASIR ao CPD do Hospital Álvaro Cunqueiro Visita de ASIR ao CPD do Hospital Álvaro Cunqueiro

Esta páxina usa Lightbox2 por Lokesh Dhakar dispoñible en https://lokeshdhakar.com/projects/lightbox2/ baixo The MIT License