Skip to main content

Campaña de medición e información sobre a contaminación urbana na contorna dos centros escolares

<br />
    Campaña de medición e información sobre a contaminación urbana na contorna dos centros escolares

O Departamento de Bioloxía e Xeoloxía do IES de Teis participa na Campaña de medición e información sobre a contaminación urbana na contorna dos centros escolares que está a realizar Ecoloxistas en Acción en colaboración co Ministerio para a Transición Ecolóxica e Reto Demográfico.

Durante a semana do 6 o 10 de marzo o centro contou cunha Exposición sobre contaminación atmosférica, os paneis portátiles estiveron no patio cuberto para dar visibilidade do problema a todo o centro.

O venres día 10 de marzo realizouse en cada grupo de 3º ESO unha Charla sobre contaminación atmosférica, para sensibilizar e fomentar a responsabilidade individual na solución deste problema. O alumnado traballou o tema a través dun xogo a modo Trivial.

Completaremos a actividade cun Obradoiro no que se analizarán os resultados obtidos da análise do aire que recolleron os medidores instalados na entrada do IES de Teis así como do resto da cidade.

 

Galería de imaxes do evento

Campaña de medición e información sobre a contaminación urbana na contorna dos centros escolares Campaña de medición e información sobre a contaminación urbana na contorna dos centros escolares

Esta páxina usa Lightbox2 por Lokesh Dhakar dispoñible en https://lokeshdhakar.com/projects/lightbox2/ baixo The MIT License