Skip to main content

Saída de fin de curso: Illas Cíes. Resumo dun día xenial

O pasado luns do 22 de xullo de 2015 organizou unha viaxe ás Illas Cíes para o alumnado da ESO e Bacharelato.

A saída foi un éxito pois o alumnado e mailo profesorado pasaron un día xenial.

O dia comezou coa viaxe no barco. Alí estabamos todos na cuberta do barco. En canto o catamarán comezou a afastarse das costas da nosa cidade comezou a chuviscar. Todo o mundo correndo cara dentro. Algúns valentes quedaron aínda así na cuberta.

A chuvia deu unha tregua cando tocamos terra. Chegaba o momento de probar a fortaleza dos nos alumnos e alumnas cunha boa pateada ata os faros. Paso a paso iamos atravesando a illa, vendo e aprendendo dela. Fauna, flora, fenómenos como a erosión, a invasións de especies alleas á illa, historia da propia illa, etc... Puff!!! Canta información! Todo ía xenial, pero unha tempestade de vento e chuvia comezou a azoutar a illa. Rapidamente o profesorado buscou como puido un sitio onde protexerse das inclemencias meteorolóxicas. A verdade é que non había moitos e acabamos un “pouco” mollados. Tivemos que suspender a andaina ata os faros. Os rapaces encantados pois foron directos á praia de Rodas e algúns incluso metéronse no mar. Vaia afouteza! Por sorte a tempestade xa amainara.

Neste tempo aproveitamos para coller forzas sacando todo tipo de viandas e lambonadas. Umm, que ricas! Pola tarde algúns decidiron seguir na praia practicado xogos de equipos como “brilé” ou o pano. Outros decidiron aproveitar a tarde para seguir coñecendo a illa e fixeron unha nova pateada na que puideron sacar fotos xeniais.

E o día chegou ao seu fin, xa había que marchar. Pero aínda quedaba a traca final. O profesorado e alumnado quedaron posuídos por un espírito de festa e comezaron bailar pola cuberta do catamarán. Na cuberta houbo todo tipo de bailes, incluso unha conga!!!

E o barco arribou e todo rematou. Un dez para o profesorado implicado na organización desta actividade. Un novo éxito da comunicade educativa do centro: profesorado, alumnado e pais e nais.

Neste enlace tedes a galería de imaxes do día: http://www.edu.xunta.gal/centros/iesteis/cies-galeria-2015.