Skip to main content

O alumnado de Cultura Científica sae a investigar

Alumnado na escola vendo a demostración

O pasado martes 9 de maio , os mozos e mozas matriculados nesta optativa de 1º de Bacharelato realizaron un visita didáctica a Catoira.

O obxectivo era recoller información sobre a xestión ambiental na zona visitada, no tocante á explotación de recursos , prevención de riscos e xestión de impactos.

Despois dunhas horas intensas de sendeirismo, toma de fotos e recollida de mostras, agora toca seguir traballando na aula e valorar o grao no que se están a cumplir ou non os principios do desenvolvemento sostible.

Deixámosvos coas fotos do evento

 

Galería de imaxes do evento

   
 

Ver galería externa

Esta páxina usa Lightbox2 por Lokesh Dhakar dispoñible en http://lokeshdhakar.com/projects/lightbox2/ baixo The MIT License