Skip to Content

Lingua Castelá

IV Campionato de Xadrez de Redondela Intercentros

O venres 24 de maio, unha selección de alumnado de 1º e 2º da ESO, pasou a mañá na alameda de Castelao de Redondela nunha saída organizada pola Biblioteca do IES de Soutomaior. A visita tivo como fin a participación no IV Campionato Intercentros de Redondela.

A xa tradicional competición favorece a competitividade nun deporte tan sano coma educativo así como a interacción con rapaces doutros centros.

O centro quere agradecer a Orlando Molareas e a Alicia Pazos a implicación na excursión.

O resto das imaxes pódense consultar premendo na seguinte ligazón: galería

Actuación de Pompa e Boato no IES de Soutomaior

O martes 9 de abril, tivemos a oportunidade de contar de novo coa actuación de Samuel Merino que veu ao IES para facer dúas actuacións de "Pompa e Boato". A estas acudiron as alumnas e alumnos de 3º da ESO, 2º de Bacharelato B e parte do alumnado de 4º da ESO.

Unha vez máis, achegou a poesía á rapazada cunha desgarradora representación na que nos mostra un xeito artístico de expresar os nosos sentementos. A aqueles aos que lles interesa esta forma de arte, tiveron a oportunidade de falar con el e contarlle a súa relación coa poesía.

Dende o centro queremos agradecer ao Departamendo de Lingua Castelá por organizar un ano máis este evento.

 

Temos máis imaxes na galería.

PROGRAMACIÓNS DO CURSO 2023-2024

Recital de poesía. Pompa e Boato

O IES de Soutomaior tivo a gran sorte de poder contar co poeta Samuel Merino (Pompa e Boato) que nos visitou o mércores 15 de marzo e amosou ao alumnado de 3º e 4º da ESO unha visión da poesía máis contemporánea e artística do que estamos afeitos.

Samuel ofreceu un espectáculo acompañado de música no que nos destripou os seus sentementos e a súa visión da vida con versos recitados con moita emoción e paixón.

Só nos queda desexar que volten outro curso para volver a enriquecernos co seu arte.

Web Pompa e Boato

 

 

Adaptación da Programación didáctica do curso 2021-2022

Adaptación da Programación didáctica do Departamento de Lingua castelá e literatura do curso 2021-2022 segundo a Orde do 25 de xaneiro de 2022, pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de Educación Secundaria Obrigatoria e de Bacharelato no sistema educativo de Galicia.

Cálculo da nota da 1ª avaliación do alumnado confinado que non puido facer o último exame

O Departamento de Lingua Castelá e Literatura acordou, na reunión celebrada o 24 de novembro ás 11:35, avaliar ao alumnado confinado que non puido facer o segundo exame do seguinte modo:

  1. Avaliar o exame que lle falta por facer cun 0.
  2. Facer a media das notas seguindo os criterios de avaliación establecidos na programación.

  3. Deixar constancia no boletín de que a nota obtida é provisional.

  4. O alumnado afectado fará o exame en canto se incorpore á clase, e calcularase a súa nota da avaliación aplicando a fórmula da programación, e tendo en conta o resultado obtido nese segundo exame.

  5. A nota provisional quedará anulada pola nova nota a efectos do cálculo da nota de final de curso.

Departamento de Lengua Castellana y Literatura. Curso académico 2021-2022.

El Departamento de Lengua Castellana y Literatura está formado, durante el curso académico 2021-2022, por el siguiente profesorado:

  • Orlando Molares Molares: imparte 1º ESO y 1º de Bachillerato.
  • Cristina Méndez Ramos (sustituto: Javier Esperón Rodríguez): imparte ITI, 2º ESO y 4º ESO.
  • Iria Cortegoso Otero (Jefatura de Departamento): imparte 1º ESO, 3º ESO y Literatura Universal.
  • Sonia Belén Castro Torres: imparte 2º ESO y 2º de Bachillerato.

Puedes consultar la programación didáctica para el curso 2021 - 2022 en el archivo adjunto o pinchando en la imagen:

Distribuir contido


by Dr. Radut