Skip to Content

Charla Axencia Tributaria

O día 3 de novembro o Departamento de Economía organizou unha actividade dirixida ao alumnado de 4º da ESO que cursa a materia de Economía.

Esta consistiu nunha charla impartida por Rebeca Calviño, unha membro da Axencia Tributaria que traballa en Marín, que estivo máis dunha hora transmitindo de primeira man o traballo que desenvolve cada un dos estamentos que comprende esta organización.

Tamén nos explicou, por suposto, a natureza dos impostos que debemos de pagar como cidadáns e a súa utilidade nesta sociedade para poder manter e crear infraestructuras, poder dar axudas, becas, etc.

Dende o IES de Soutomaior queremos agradecer a Rebeca Calviño ter vido ao centro a explicar todos estes contidos de xeito tan ameno, captando o interese do alumnado. Esperamos poder contar con ela para o seguinte curso.



blog | by Dr. Radut