Skip to Content

Blogue de admin

Sonia Baqueiro gaña o 3º premio no II Concurso de Poesía Xaquina Trillo

Non podemos avanzar sen facer mención ao resultado do II concurso de Poesía Xaquina Trillo organizado polo colectivo A Mesa das Verbas no mes de febreiro. Nel, Sonia Baqueiro, alumna de 2º de Bacharelato, vén de recibir o 3º premio co poema “Nova Flor”.

Noraboa, Sonia!

 

 

Normas de Organización e Funcionamento do IES de Soutomaior (NOF)

Premede na imaxe ou aquí para acceder áo PDF coas normas do centro

 

Estatística e matemáticas para a sociedade da información

O pasado 16 de febreiro visitounos Manuel Febrero Bande, Catedrático de Estatística e Investigación Operativa na Universidade de Santiago de Compostela. A visita, encaixada dentro das propostas formativas da USC, permitiunos contar coa presenza de Manuel, quen combina a súa labor como docente na Facultade de Matemáticas coas tarefas de investigación e divulgación no eido da estatística.

O alumnado obxectivo desta presentación foron alumnos e alumnas de 2º de Bacharelato. Manuel trasladoulles de xeito moi ameno a súa inquedanza pola estatística e a utilidade da mesma no mundo que nos rodea.
 
Conceptos como Big Data ou Intelixencia Artificial tomaron forma durante a sesión, onde se fixo un percorrido pola utilidade da estatística e a forma na que nos aporta datos esenciais en campos como a bioloxía, a medicina ou mesmo o fútbol.
 
Tamén apareceron durante a presentación algúns conceptos ben coñecidos polo alumnado, como es rectas de regresión e as nubes de puntos, que permitiron comprobar a practicidade da materia máis alá dos contidos do seu currículo.
 
Foi un pracer contar con este excelente divulgador e investigador nas nosas aulas. Agardamos poder repetir a experiencia nun futuro próximo.
 

O Día de Rosalía de Castro no IES de Soutomaior

O IES de Soutomaior, para conmemorar a memoria dunha das personalidades más representativas de Galiza, celebrou varias actividades os días 23 e 24 de febreiro no centro.

- O Departamento de Bioloxía xunto coa comunidade de montes do concello, continuaron coa labor que comezaron o curso pasado, guiando ao alumnado de 1º da ESO na plantación de árbores autóctonas no bautizado como "Souto de Rosalía" situado nas inmediacións do noso instituto.

 

- Por outra banda, o Equipo de Dinamización Lingüística da Lingua Galega, con Antonio Rincón á cabeza, organizou un evento no recreo do venres 24 de febreiro no que alumnas de tódolos cursos recitaron poemas de Rosalía e, para amenizar a actividade, convidouse ao alumnado e ao profesorado á degustación do "Caldo da Gloria", moi necesario para quentar o corpo nestes días tan fríos.

- A nosa Biblioteca sumouse ao día de Rosalía coa organización dunha pequena exposición de publicacións referidas á escritora, tanto da súa obra literaria como de diversos estudos; e igualmente unha selección que na prensa tivo a efeméride.

Convidamos a ler tanto a súa poesía como os seus textos narrativos, pois Rosalía é unha escritora galega referencial e de interese permanente, que nos axuda a interpretar a nosa realidade cunha visión propia e crítica.
                                      

Todas as imaxes das actividades están subidas á galería de fotos do centro.

Entroido no IES de Soutomaior

Despois de dous anos de restriccións sanitarias e sen poder celebrar o entroido de xeito normal, por fin, o pasado 17 de febreiro o alumnado do centro disfrutou dunha festividade moi especial para toda a comunidade.

Á primeira hora xa moitos alumnos e algún profesor paseaban polo instituto disfrazados e preparados para o festival que se celebraría despois do recreo. Cada aula escolleu un país como temática e se disfrazou en relación coa cultura deste. Finalmente, no campo de fútbol do centro, todo o mundo puido ver as actuacións que foron valoradas polo xurado para que, ao final da festa, se entregaran os premios ás máis destacadas.

 

O resto das imaxes están colgadas coma sempre na galería do centro.

Proceso de admisión de alumnado para o curso 2023-2024

Iníciase o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2023/2024.

  • Prazo de presentación de solicitudes: do 1 ao 20 de marzo.
  • Solitudes:
    • A través da aplicación https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado. A solicitude debe ser impresa e unha vez asinada presentala no centro coa documentación adxunta.
    • En Sede electrónica, mediante Chave365 ou Certificado Dixital. A solicitude faise na sede, onde se sobe a documentación escaneada, e neste caso non é necesario entregar nin a solicitude nin a documentación no centro.
  • A información relativa a esta solicitude encóntrase tamén adxunta:
  1. Prazas vacantes e outros detalles.
  2. Información ao alumnado e ás familias. 
  3. Criterio complementario para a admisión do alumnado establecido polo centro.

 

Saímos cara Manzaneda

Gran parte do alumnado de 3ºda ESO colleu hoxe rumbo a Manzaneda para disfrutar da neve e da magnífica contorna que ofrece o macizo central ourensán.

O centro quere agradecer á organizadora, Vanesa Peón, todo o esforzo feito para que esta saída fora posible. Tamén queremos agradecer a axuda do profesorado acompañante: Alba Loureiro, Alejandro Sotelo e Damián Otero.

Boa viaxe!!

 

Alimentación saúdable no IES de Soutomaior

O departamento de Bioloxía e Xeoloxía, organizou para este curso unha serie de actividades co fin de contribuir a adquisición de hábitos saudables por parte do noso alumnado.

Comezamos co reparto de leite de pastoreo e actualmente seguimos co reparto de froita ecolóxica. Os postos de froita siuados nas entradas do centro están sendo moi populares e atendidos coa axuda conxunta do profesorado e de alumnado voluntario, facendo que todo este traballo sexa posible.

Cómpre destacar que nesta semana, o alumnado de 1º ESO está a disfrutar dos almorzos saudables (Healthy Breackfast), nos que poden degustar alimentos nutricionamente máis recomendables que os tradicionais e nos que, coa contribución do departamento de Inglés, poden practicar conversa nesta lingua simulando a atención nunha cafetería.

Xornadas Xuvenís de Divulgaciencia

A OMIX do concello de Soutomaior ofreceu ao alumnado de 4º da ESO do noso centro varias actividades celebradas no multiusos de arcade o xoves 9 de febreiro.

A charla divulgativa de David Ballesteros nos puxo ao día en temas coma intelixencia artificial, Big Data e, en conxunto, do papel da ciencia na sociedade actual. Para finalizar puidemos examinar os contidos aprendidos cunhas interesantes actividades nos obradoiros posteriores.

Máis imaxes na galería.

Convocadas axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2023

Xa saiu a convocatoria para solicitalas axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2023.

Está dirixida ao alumnado de 1º e 2º de Bacharelato. Poden consultar toda a información e se inscribir na seguinte ligazón:

Premer aquí

Distribuir contido


by Dr. Radut