You are hereInformación Concursos

Información Concursos


Información sobre concursos en distintos ámbitos

Concurso para elaborar unha exposición sobre Ricardo Carballo Calero

Concurso para elaborar unha exposición sobre Ricardo Carballo Calero

A Secretaría Xeral de Política Lingüística, coa colaboración da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, convoca un concurso para elaborar unha exposición sobre a obra, época e lingua do autor homenaxeado en 2020 no Día das Letras Galegas, Ricardo Carballo Calero (Ricardo Carvalho Calero), e/ou sobre a situación sociolingüística da etapa histórica en que este viviu.

Premios "Buero" de Teatro Novo 2019

Premios "Buero" de Teatro Novo 2019

A Fundación Coca-Cola convoca os Premios "Buero" de Teatro Novo

Os Premios "Buero" de Teatro Novo convocan na súa 17ª edición a grupos de teatro escolares (institutos, colexios...) ou non escolares (asociacións, talleres de teatro...) formados por mozos e mozas de entre 14 e 21 anos que queiran presentar ao concurso as súas montaxes teatrais.

Premios Infantís para o Fomento da Transparencia Esther Arizmendi

Premios Infantís para o Fomento da Transparencia Esther Arizmendi

O Consello de Transparencia e Bo Goberno convoca os Premios Infantís para o Fomento da Transparencia Esther Arizmendi.
O obxecto desta convocatoria fomentar o coñecemento de nenos e mozos das administracións e institucións públicas de España, o dereito para saber e a importancia da transparencia na actividade pública.

Premio Europeo Carlomagno da Mocidade

O Parlamento Europeo e a Fundación Premio Internacional Carlomagno de Aquisgrán convidan os mozos e mozas de entre 16 e 30 anos de todos os Estados membros da Unión a participar nun concurso sobre o desenvolvemento da UE, a integración e as cuestións relacionadas coa identidade europea.

Cartel para anunciar a XVII Mostra de Teatro Amador de Vedra

Cartel para anunciar a XVII Mostra de Teatro Amador de Vedra

A Asociación Cultural Papaventos convoca o concurso de carteis para anunciar a XVII Mostra de Teatro Amador de Vedra, Teatrofilia, que se celebrará no mes de marzo de 2020.

VI Certame Literario “Relatos de Auga intelixente”

VI Certame Literario “Relatos de Auga intelixente”

Viaqua convoca a 6ª edición do Certame Literario “Relatos de Auga intelixente”, dirixido a alumnos e alumnas de entre 12 e 17 anos, que cursen estudos de ESO ou Bacharelato/FP.

I Premio de poesía "Camiño de Santiago"

I Premio de poesía "Camiño de Santiago"

A Academia Xacobea, en colaboración coa Dirección Xeral de Políticas Culturais e a Secretaría Xeral de Política Lingüística, e co patrocinio de Ediciones Carena, convoca o I Premio de poesía "Camiño de Santiago" certame poético "Faise Camiño" co fin de divulgar o Camiño de Santiago e o fenómeno xacobeo.

Certame Letras Galegas 2019 en Abegondo

Certame Letras Galegas 2019 en Abegondo

O Concello de Abegondo convoca o Certame Letras Galegas 2019

Secundaria e menores de 18 anos
- 1º e 2º premio de Narrativa
- 1º e 2º Premio de Poesía
Os 1º premios dos premios na categoría secundaria consistirán en teléfonos móbiles.
Os 2º premios dos premios na categoría secundaria consistirán en altofalantes portátiles.

X Concurso de Fotografía Cidade de Narón

X Concurso de Fotografía Cidade de Narón

A Concellería de Turismo do Concello de Narón convoca o X Concurso de Fotografía “Cidade de Narón”

A veciña da miña rúa: a Árbore

A veciña da miña rúa: a Árbore

A Sociedade Galega de Historia Natural convoca un concurso de fotografía

TEMÁTICA: 
“A veciña da miña rúa: a Árbore”.
Preténdense imaxes das árbores, observadas nas rúas, estradas ou camiños das nosas cidades, aldeas e vilas. O seu entorno, a súa estrutura, forma, cór ...