You are hereCartel para anunciar a XVII Mostra de Teatro Amador de Vedra

Cartel para anunciar a XVII Mostra de Teatro Amador de Vedra


Cartel para anunciar a XVII Mostra de Teatro Amador de Vedra

A Asociación Cultural Papaventos convoca o concurso de carteis para anunciar a XVII Mostra de Teatro Amador de Vedra, Teatrofilia, que se celebrará no mes de marzo de 2020. As bases do concurso son:

PARTICIPANTES
Poderán presentarse ao concurso todas aquelas persoas que o desexen, agás os membros da Asociación Cultural Papaventos e familiares directos.
Cada participante poderá presentar un máximo de dúas obras.

TEMA e CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS
Os carteis teñen que versar preferentemente sobre algo relacionado co teatro.
Non obstante, os participantes gozan de completa liberdade para escoller o tema.
Os/as creadores/as dos carteis que se presenten ao concurso serán responsables da orixe da obra e, se esta estivera inspirada nun traballo alleo, deberán dispoñer da autorización do seu autor/a.
O tamaño dos carteis debe ser formato A3 (297x420mm).
Poderán realizarse con calquera técnica (pictórica, fotográfica, informática, etc.).
No cartel figurará rotulado: Teatrofilia XVII Mostra de Teatro Amador de Vedra
É obrigatorio empregar a tipografía “Alba” para a palabra Teatrofilia. Esta pódese descargar no seguinte enderezo web: http://www.fontreactor.com/
Deberase ter en conta que nalgún lugar do cartel irá a programación da mostra así coma os logotipos das entidades que fan posible Teatrofilia.
O xurado deste concurso valorará a orixinalidade dos carteis, así como a súa eficacia comunicativa e o impacto e a calidade do deseño.

PRESENTACIÓN
Prazo: A data límite para a presentación de carteis é o 9 de xaneiro de 2020.
En ningún caso o cartel deberá ir identificado co nome do autor/a nin con pseudónimo.
Os participantes deberán presentar unha copia do seu traballo en tamaño folio. Dita copia e a identificación (nome e apelidos, número de teléfono e correo electrónico, data de nacemento no caso de ser participante do accésit infantil) do autor/a ten que presentarse nun sobre pechado. Sería desexable, aínda que non imprescindible, unha copia do traballo en soporte informático.
Os sobres pechados xunto cos carteis poderanse presentar ata o 9 de xaneiro (inclusive) na Casa do Concello de Vedra ou a través de correo postal:
  Asociación Cultural Papaventos
  Rúa da Boca, nº 9. 15885, Vedra (A Coruña)
Tanto nos sobres enviados por correo postal como nos presentados na Casa do Concello de Vedra deberá figurar na parte exterior o asunto:
  XV Concurso de Carteis Teatrofilia 2020

PREMIOS
O autor/a do cartel gañador será premiado con 250 euros.
Cada participante deste concurso será obsequiado cun bono para a vindeira edición de Teatrofilia que poderán recoller na súa billeteira.
Do mesmo xeito, concederase un premio accésit ao mellor cartel infantil (3-12 anos)

TRABALLOS PREMIADOS
O cartel que resulte elixido para anunciar a XVII edición de Teatrofilia cederá todos os dereitos sobre o seu uso, adaptación e explotación á Asociación Cultural Papaventos, que o empregará en formato dixital e impreso para difundir dita edición de Teatrofilia.
Tanto o premio do cartel gañador como o accésit infantil serán entregados aos seus autores/as o día da inauguración de Teatrofilia.

TRABALLOS NON PREMIADOS
Todos os traballos serán expostos durante a mostra. Aqueles autores/as que desexen recoller a obra dispoñen dun prazo de 15 días depois do remate da XVII edición de Teatrofilia.

Asociación Cultural Papaventos - Andaravía Teatro
Rúa da Boca, nº 9
15885 Vedra
A Coruña
ac_papaventos@yahoo.es
www.asociacionpapaventos.blogspot.com
Teléfono: 626 937 587 e 686 181 861