You are hereLinguas clásicas

Linguas clásicas


Linguas Clásicas sticky icon

  • Profesorado e Materias
  • Actividades
  • Programación
  • Atención a pendentes
  • Recursos
  • Aula Virtual

Recursos do Departamento

Se queredes colaborar na vida activa do Departamento, podedes visitar o noso blog.

Temos ademáis unha wiki, onde podedes atopar enlaces, recursos e materiais útiles e interesantes.

Viaxe a Grecia 2009

  

No próximo mes de marzo as alumnas de 2º BAC xunto coa profesora Magdalena Zambrano, que son eu, pasarán unha semana no berce da civilización occidental. A viaxe está organizada pola sección galega da Sociedade Española de Estudios Clásicos, que tivo a boa idea de dar esta oportunidade a profesores que por ter moi poucos alumnos nunca poderían facer unha viaxe semellante.

Así, nós, que somos 9, e  31 persoas máis doutros centros de Galicia, sairemos na madrugada do 14 de marzo do aeroporto da Coruña, onde estaremos de volta o día 21 pola noite . Neses días visitaremos Atenas e faremos un percorrido polo Peloponeso.  Prometemos fotos.