You are hereExtraescolares e Complementarias

Extraescolares e Complementarias


Visita a Sotavento dos alumnos de 2º ESO

Os alumnos de 2º ESO, veñen de realizar o pasado 18 de decembro unha visita ás instalacións de Sotavento, onde coñeceron de primeira man diferentes aspectos relacionados coa produción de enerxías, así como as distintas ferramentas coas que conta a arquitectura bioclimática, para conseguir un maior aforro enerxético.

Preme para ver pantalla completa

VISITA Á BIBLIOTECA MUNICIPAL E AO MUSEO GALEGO DE HISTORIA NATURAL

ALUMNADO: 1º ESO; DATAS: 

  • 15 de nov. 1º A e B
  • 16 de nov. 1º C e D   

O alumnado de 1º de ESO visitou a Biblioteca Municipal da Praza de España  e o Museo Galego de Historia Natural. As dúas visitas foron guiadas e contribúen a pór en valor o noso patrimonio museístico e a incentivar o achegamento ás bibliotecas.

O alumnado de 1º de ESO realizou unha visita guiada á Biblioteca Municipal.

Os alumnos recibiron unha ampla información sobre todos os servizos e actividades que realiza esta entidade. A nosa guía, que realizou un traballo excelente, completo, documentado e ameno, convidou a todos aqueles que no fosen socios da Biblioteca a que obtivesen o carnet para poder desfrutar das variadas posibilidades que ofrece.

SAÍDA CULTURAL A PONTEVEDRA

ALUMNADO: 4º ESO; DATA: 9 OUT.

Os alumnos e alumnas de 4º de ESO realizaron unha saída Cultural a Pontevedra para facer unha visita ao Museo Provincial  e coñecer a obra gráfica de Castelao e as salas de Prehistoria e romanización. Pola tarde realizaron un roteiro pola vila seguindo os pasos de Castelao na cidade e visitando o seu barrio histórico e os monumentos máis emblemáticos da vila.

ROTEIRO IRMANDADES DA FALA POR FERROL

ALUMNADO: 4º ESO; DATAS:   25 OUT. 4º B /28 out. 4º C / 2 out. 4º A 

O alumnado de 4º de ESO participou no roteiro As Irmandades da Fala en Ferrol organizado pola Concellaría de Normalización e Participación Cidadá do Concello de Ferrol.  Reviviron a historia de personaxes como Aurelio Ribalta, o ferrolán que impulsou as Irmandades; Vilar Ponte, Xaime Quintanilla,  ou Bello Piñeiro. Recorreron as rúas de Ferrol  valorando a relevancia da cidade na historia do galeguismo  (Coro Toxos e Froles, editorial Céltiga…) durante o primeiro terzo do século XX. 

Os Correspondentes Xuvenís e os Voluntarios da Biblioteca viaxan a Santiago de Compostela

Como parte do Proxecto A escola é o camiño, os Correspondentes Xuvenís e os Voluntarios da Biblioteca realizaron unha viaxe a Santiago para facer unha visita ao Museo Pedagóxico de Galiza. Alí fixeron  un percorrido pola historia da escola a través das aulas, os seus materiais e os seus símbolos. 

Pola tarde, tras comer na Residencia Universitaria do Monte da Condesa, realizaron unha andaina pola cidade na que os propios alumnos e alumnas, distribuídos por grupos,  tiñan a tarefa de localizar uns lugares emblemáticos nos debían fotografase e comentar as características salientables.

Foi un día interesante, divertido e cun tempo marabilloso. 

Finalmente cada grupo montou un fermoso collage coas distintas fotos. 

Actividades de maio DINAMIZACIÓN-BIBLIOTECA

O día 15 de Maio tivo lugar no instituto Saturnino Montojo unha interesante xornada na que confluíron moitas actividades    programadas desde o Departamento de Dinamización Lingüística e a Biblioteca, coa colaboración  da vicedireción, do Ciclo de Vídeo DJ , departamento de plástica...

✅ LETRAS GALEGAS 2018

Por unha banda celebrabamos O Día das Letras Galegas, dedicado este ano a Mª Victoria Moreno  coas seguintes actividades: 

Xogo de Pistas LITELINGUA  no que participaron os alumnos e alumnas de 1º de ESO organizados en grupos coordinados por alumnado de 2º de ESO.

Presentación da figura de Mª Victoria Moreno destacando as súas facetas de escritora,  dinamizadora da lingua galega e  docente con vocación e entusiasmo polo seu traballo.

Exposición na mesa de novidades da Biblioteca de libros de Victoria Moreno e outros autores homenaxeados   polas Letras Galegas.

Decoración do Muro de Vida con estrofas, poemas  e frases da autora homenaxeada. 

Entrega de premios do Certame de Microrrelatos organizado en dúas categorías: alumnado de 1º, 2º e 3º de ESO e alumnado de 4º de ESO e 1º e 2º de BAC.

✅ XORNADA SOLIDARIA: A ESCOLA É O CAMIÑO. 

Paralelamente a estas actividades, tivo lugar ao longo de todo o día unha Xornada Solidaria, incluída no noso Proxecto CAMIÑOS DE FUTURO, nesta ocasión centrado na evolución da escola de onte a hoxe co lema A ESCOLA É  O CAMIÑO. 

Exposición de materiais escolares de tempos pasados e fotos da escola en distintos períodos.

Dramatizacións de escenas en escolas da II República, do período franquista e  doutros países onde os nenos non gozan do dereito á educación, e incluso son reprimidos por acudir á escola, especialmente as mulleres.

Organización dun mercado solidario con obxectos, libros, roupa, xogos... achegados por alumnado e profesorado.

Venda de doces caseiros achegados por alumnado, profesorado , persoal non docente...

Sorteo   das rifas solidarias  que venderon os alumnos de ESO para recadar máis  fondos.

A xornada foi un éxito,  recadáronse arredor de 500 € que foron entregados  a UNICEF para axudar a unha escola en situación de precariedade. 

        

✅ Os alumnos de 1º de ESO realizaron unha saída para visitar a Casa Museo de Manuel María en Outeiro de Rei e a Carballeira de Santa Isabel. Pola tarde visitaron Lugo e deron un paseo pola muralla.

 Foi un día moi completo no que ademais de visitar o Museo, participaron en divertidos xogos e  recitaron poemas de Manuel María. Despois de comer na fermosa carballeira , proseguiron  viaxe ata Lugo para facer un percorrido pola cidade e pasear pola muralla. Un dïa interesante e un tempo estupendo.

        

 ✅ OBRADOIRO DE PORTUGUÉS

Un ano máis tivo lugar na Biblioteca  o Obradoiro de Portugués   Ops! “O português simples”.       dirixido ao alumnado de 3º de ESO e organizado en dúas sesións.

 Como cada ano resultou moi interesante,  e os alumnos e alumnas  achegáronse ao mundo da lusofonía a través da literatura, o espectáculo, a música e o xogo,  nunha sesión amena e interactiva. 

 ✅ RADIO FILISPÍN NO IES SATURNINO MONTOJO

O día 25 de maio acudiu ao instituto  a emisora de RADIO FILISPÍN  para realizar unha entrevista a distintos membros da nosa  Comunidade Educativa  sobre actividades, proxectos, funcionamento...

Entre os moitos entrevistados tamén estivemos os representantes do Equipo de Dinamización e Biblioteca explicando os nosos proxectos. 

Foi unha experiencia moi interesante. 

     

✅ Certame de relato Curto de Coca-Cola:  Se podes imaxinalo podes contalo

O venres 1 de xuño a alumna de 2º de ESO A  Tareixa Pernas Rey  acudiu a Coruña a un acto de entrega de premios por ser finalista no Certame de relato curto organizado por Cocacola.

Foi unha xornada divertida na que incluso participaron nunha Marter Class de cociña.  Parabens para Tareixa.

✅ 18º Certame de Poesía e Imaxe. En galego sen Filtro.

Un curso  máis dous alumnos do noso instituto foron seleccionados polo seu traballo  no Certame de Poesía e Imaxe . Os seus traballos foron seleccionados ,  e para o vindeiro curso formarán  parte da exposición itinerante polos institutos participante no Certame . Prabéns a  Irene Martín Ibáñez do Ciclo Formativo de Vídeo DJ e  a Celia Pico Troitiño de  4ª de ESO. 

✅ Club de lectura sobre a novela Brian, o chinés de David Vázquez Álvarez.

Este pasado martes, 5 de xuño, un entusiasta grupo de rapaces de 1º de ESO participaron nun animado Club de Lectura sobre un libro con grandes valores, máis ala dos literarios: "Brian, o chinés" de David Vázquez Álvarez. Aproveitando que o libro ten coma protagonista a un rapaz con Síndrome de Down e trata diversos temas sobre a inclusión, o tratamento das diferenzas, os prexuízos...acompañounos unha colaboradora da asociación Teima de Ferrol, Susana e un rapaz Javi que nos achegaron opinións, comentarios e contestaron as dúbidas e preguntas. Foi unha tarde ben proveitosa.

         

✅ Faladoiro sobre o futuro da escola e educación.

O día  7 de xuño  celebramos unha sesión do Faladoiro para continuar falando do futuro da educación.
Á pregunta que educación queremos para o futuro? Os participantes deron interesantes opinións  e houbo  un gran número de mans levantadas para intervir, o que  demostra a  boa saúde dos faladoiros. 
Para rematar sorteamos as camisetas coas que nos agasallaron os compañeiros do IES Punta Candieira, que participaron por videoconferencia na última sesiòn do Club de Lectura. 
Foi unha sesión moi interesante e quedamos con ganas de máis. 

       

 

VISITA DO ESCRITOR AMADEO COBAS PARA FALAR CO ALUMNADO DE 2º DE ESO SOBRE O SEU LIBRO, A CACERÍA.

Emma e Manuel, alumnos de 2ºESO  A,  fixeron unha presentación Power Point coa que deron a benvida a Amadeo   e  nos achegaron  á súa  traxectoria  como escritor. Posteriormente Amadeo dialogou cos rapaces sobre todos os aspectos da novela: o tempo, o espazo,  a orixe dos nomes dos personaxes, as tácticas,  e incluso, coa colaboración dalgún alumno,   explicou a maneira que tiñan algúns pobos de facer que o inimigo non regresara nunca. 

Para  finalizar asinou  libros, mentres os rapaces  analizaban e xogaban coas  as réplicas das  armas defensivas  que ilustraron a charla.

Foi un encontro moi divertido e a opinión  xeral dos rapaces é que o pasaron moi ben.

  

DÍA DO LIBRO

O 23 de abril celebrouse o Día do Libro e do Dereito  de Autor. 

O noso muro de vida e a Biblioteca foron o escenario das actividades que desenvolvemos para celebrar  este día. 

Na mesa de novidades da Biblioteca organizouse unha exposición que incluía varias edicicións  do Quijote e algúns manuscritos de moito valor e interese.  Realizamos tamén varios carteis para felicitar este día a toda a  comunidade  educativa. 

O muro de vida encheuse frases sobre a lectura e os libros. Ademais de  escribir o comezo do Quijote en cinco idiomas. 

Durante os recreos os alumnos da materia de Voluntarios de Biblioteca  invitaron aos alumnos de 1º e 2º de ESO  á biblioteca para compartir  con eles as novidades  no funcionamento dos espazos e catalogación. Para rematar nun pequeno faladoiro sobre o seu traballo durante o curso nesta interesante materia. No trascurso do faladoiro agasállaronse varios libros aos alumnos e alumnas que  responderon correctamente às cuestións formuladas sobre autores, libros e literatura.