You are hereFaladoiros

Faladoiros


FALADOIRO: “Erros na educación das familias”

08/05/2019 e 15/05/2019

Os alumnos comentan que algúns pais son demasiado consentidores, que non responsabilizan de nada os seus fillos e fomentan o materialismo.

Entre as causas dos erros da educación por parte dos pais, considérase que está a sobreprotección.

Tamén se fai referencia a pais que substitúen a atención persoal por agasallos e mesmo se critica que algúns animen os fillos a ver debuxos, vídeos, canles de Youtube e que o móbil sexa o que se encargue deles en lugar dos pais.

O faladoiro resulta tan interesante que se decide desenvolvelo en dúas sesións.

    

 

FALADOIRO: “DELITOS E SENTENZAS NA ADOLESCENCIA”

29/03/2019

Neste encontro fíxose unha reflexión sobre a delincuencia xuvenil e comentouse o “Decálogo para facer do teu fillo un delincuente” do xuíz Emilio Calatayud.

Falouse da importancia da reinserción xuvenil, que debería ter como obxectivo que os xoves se puidesen adaptar á sociedade.

Afundación estrea o novo proxecto interxeracional «Falamos da escola»

A iniciativa púxose en marcha cun encontro entre alumnos do Saturnino Montojo e maiores do Espazo + 60.

https://i.avoz.es/sc/_qj_OJTyqLQF7k15S9FcWHG7FRQ=/x/2019/04/09/00121554819121593608894/Foto/FA10C4F1_161114.jpg

FALADOIRO: “O TRABALLO COLABORATIVO”

Traballar en grupo, en colaboración e intercambio cos demais…, un interesante tema que, nesta ocasión, plantexa moitos aspectos significativos deste novo xeito de desenvolver as actividades académicas e que prepara para a realización profesional futura.

O interese que suscitou esta proposta e todo o que se comentou na sesión, animounos a seguir debatendo sobre isto noutro faladoiro.

 

 

FALADOIRO “San Valentín, amor ou comercio?”

Dialogamos sobre se a celebración do amor o 14 de febrero é un simple reclamo comercial ou unha verdadeira expresión do sentimento amoroso.

Houbo interesantes opinións tanto nun sentido coma no outro.

 

COMPROMISO COA XORNADA SOLIDARIA

 

Nesta xuntanza reflexionouse sobre o sentido das palabras solidariedade e a caridade, dos seus diferentes significados.

Tamén se fixo un balance da Xornada Solidaria desenvolvida o Día da Paz para, nun exercicio de autocrítica, valorar que actividades se poden mellorar, cambiar e de que xeito se pode contribuir nesta mellora.

A IMPORTANCIA DA IMAXE NAS NOSAS VIDAS

Despois de que xurdise este tema no Club de Lectura de Iridium, consideramos que tiña importancia suficiente para darlle unha volta máis nun faladoiro.

Houbo moita participación. A meirande parte do alumnado considera que, aínda que nun primeiro momento a imaxe que cada un transmite pode ser importante, finalmente son os valores, persoais e humanos, os que prevalecen.

Entre os participantes non había ningún que recoñecese ter unha especial obsesión pola imaxe e, en xeral, consideraban que na vida cotiá non os marcaba excesivamente.

Páxina completa

PROPÓSITOS PARA O 2019

Despois do descanso de Nadal, tocaba reflexionar sobre un tema moi común nesta época do ano. Foi ilusionante plantexarse, con ánimo e bo humor, que queremos mellorar nas nosas vidas neste ano 2019 que comeza. Os propósitos foron ben variados:

  • Mellorar nos estudos e nas cualificacións.
  • Seguir sendo feliz.
  • Colaborar coas tarefas da casa.
  • Organizarse mellor e aproveitar ben o tempo.
  • Non ter propósitos: vivir o presente, e xa está…

En fin, esperemos que se cumpran…

QUE SIGNIFIGA PARA NÓS O NADAL?

A última semana de clases tocaba reflexionar sobre o Nadal.

Coma sempre, tivemos moitos alumnos que compartiron e contaron que son para eles estas datas tan significativas.

Xurdiron temas como os dos agasallos, o consumismo excesivo, as reunións familiares, o descanso… Debatemos un pouquiño antes de desfrutar do Nadal.