You are hereFaladoiros

Faladoiros


DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Alumnado de 2º, 3º e 4º da ESO  DATA: Do 19 ao 30 de novembro. 

Os Correspondentes xuvenís (que tamén son Voluntarios de Biblioteca) seleccionaron cancións de actualidade cuxa letra incitase á violencia contra as mulleres e outras cun contido feminista. En cartolinas negras escribiron algunhas frases desas letras machistas e noutras violetas frases das músicas contra a violencia de xénero. 

 Nos recreos da semana so 26 ao 30 de novembro proxectáronse nos corredores do centro algunhas das cancións seleccionadas e os grupos de Correspondentes movíanse entre o alumnado amosándolles o que dicían sobre as mulleres e convidábanos a reflexionar.

A porta da biblioteca empapelouse de violeta, recreando a canción de Rozalén. Así, entrar na biblioteca, liberounos da violencia machista.

 Para concluír a intervención organizouse un Faladoiro na biblioteca para debater en que medida a música que escoita  a mocidade perpetúa os roles de xénero e incentiva a violencia contra as mulleres.

 

  

 

 

FALADOIRO SOBRE O CONSUMO DE ALCOHOL E OUTRAS DROGAS na mocidade e súas consecuencias

O xoves , día 11 de abril, celebramos un faladoiro para reflexionar sobre o consumo de alcohol e drogas por parte do mozos e mozas, incluídos os menores de idade. Quen ten que asumir responsabilidades  do consumo incontrolado de alcohol e outras substancias?  Que medidas terían  que tomarse fronte  a tantas noticias relacionadas con este tema: pelexas, accidentes de tráfico, afogamentos, atropelos a ciclistas… 

Tralo debate e reflexión, todos  os participantes deberán levar as súas propostas de mellora  ao seguinte  Faladoiro. 

O debate e a reflexión  como instrumentos para madurar e mellorar. 

            

Faladoiro sobre o cinema

Por suxestión dos alumnos e alumnas organizouse un faladoiro sobre o cinema e a influencia que ten nas nosas vidas. Todos os rapaces e rapazas foron explicando cal era a súa película favorita e os motivos da súa escolla. 

Resultou moi interesante e quedou curto o tempo, polo que continuaremos con outros aspectos do tema en vindeiras sesións do faladoiro. 

Faladoiro: Asumimos as responsabilidades?

O 18 de xaneiro tivo lugar na biblioteca un novo Faladoiro para debater sobre a asunción de responsabilidades. Alumnado  de todos os cursos da ESO  compartironopinións sobre os grandes problemas que se producirona raíz da nevada do mes de de xaneiro.Quen debe asumir responsabilidades en casos coma este? 

Faladoiro sobre a emigración

O día 23 de novembro  celebramos na Biblioteca un novo faladoiro co tema dos movementos migratorios para continuarmos co noso Proxecto Camiños de Futuro. Foi unha sesión moi interesante que combinou os testemuños dos  rapaces e rapazas coas achegas de varias profesoras que compartiron historias e materiais  gráficos de antepasados que emigraron.

Houbo moita participaciôn de alumnado de todos os cursos.

O muro de vida da Biblioteca encheuse de  poemas e frases alusivas a émigración. 

                   

NÓS TAMÉN CONTRA OS INCENDIOS E O CAMBIO CLIMÁTICO

Tras a tráxica fin de semana durante a cal Galicia se viu arrasada polos incendios, desenvolveremos nas aulas unha serie de actividades de concienciación: análise de danos, reflexións sobre o que se fixo mal e o que propoñemos para o futuro. Na biblioteca recolleremos as novas de prensa que se referían a este tema  e participamos en dous  faladoiros sobre este tema.

A participación foi numerosa e o alumnado fixo interesantes reflexións e achegaron ideas para N0VOS CAMIÑOS DE FUTURO NESTE TEMA

No taboleiro de Camiños de vida escribiremos citas relacionadas co tema.

A TERRA NON É UNHA HERDANZA DOS NOSOS PAIS, SENÓN UN PRÉSTAMO DOS NOSOS FILLOS.