You are hereOutras actividades

Outras actividades


ÚLTIMAS ACTIVIDADES sticky icon

  • 2023:

           PRESENTACIÓN DA BIBLIOTECA AO ALUMNADO DE 1º ESO

           SAMAÍN

               ACTIVIDADES DO NOSO ALUMNADO DE VOLUNTARIADO

               UN SAMAÍN DE TERROR

           25 N

          ANUNCIO DO 25N

               MACHISMOS E MICROMACHISMOS

               BALDOSAS

          DÍA DO LIBRO

               REFRÁNS SOBRE A LECTURA

               EXPOSICIÓNS

          XOGOS ANTES DO NADAL

      SEMANA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA NA BIBLIOTECA

       6-8 M

       DÍA DO TEATRO

       XOGOS NA BIBLIOTECA

 

 

              2022:

               50 ANOS DA MORTE DE YASUNARI KAWABATA

           100 ANOS DA MORTE DE MARCEL PROUST

           100 ANOS DO NACEMENTO DE JEAN LOUIS KEROUAC

           100 ANOS DO NACEMENTO DE JOSÉ SARAMAGO

           400 ANOS DO NACEMENTO DE MOLIÈRE

           500 ANOS DA MORTE DE ANTONIO DE NEBRIJA

             ANDREA MACEIRAS

             EVA MEJUTO

  •  AS LETRAS GALEGAS

A POESÍA DE DELGADO GURRIARÁN PARA NÓS

A VIDA DE FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN

POEMAS DE DELGADO GURRIARÁN

  • DÍA DO LIBRO

BESTIARIO

OS PROFES LEMOS

CALENDARIO LIDERESAS

EXPOSICIÓN LIDERESAS

MULLERES GALEGAS

  • ENTROIDO LITERARIO

ASASINATO NO ORIENT EXPRESS

E NOS DISFRAZAMOS

  • DÍA DE ROSALÍA

A POESÍA DE ROSALÍA

AS FLORES DE ROSALÍA

ROSALÍA PARA NÓS

  • O DÍA DA PAZ

A PAZ PARA NÓS

A PIZZA DA PAZ

PAZ, PAZ, PAZ

AUDIO-UNHA ESTRELA PARA AMINA

  • ACTIVIDADES DO 25 N

FALADOIRO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

LEMAS FEMINISTAS

OBRADOIRO CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

ORIXE DO 25 N

                   EXPOSICIÓN LIDERESAS

                   MADRIÑAS DOS DEPARTAMENTOS

                   MURAL AS MULLERES TAMÉN CONTAN

                   CURIOSIDADES LECTORAS

                   O QUE EU LEO

                   RECOMENDACIÓNS LECTORAS

 

TEATRO NO SATURNINO MONTOJO: AVENTURAS MERCURIANAS

O día 12 de xuño, o alumnado de 3º de ESO fixo un representación teatral no salón de actos, inserida nos proxectos nos que traballa o centro neste curso 2018/19.

A temática das pezas xira arredor do sistema solar, específicamente Mercurio, planeta que representamos, e os problemas medioambientais que inquietan a Terra.

Os guións foron ideados e redactados polo alumnado, que tamén colaborou na escenografía, vestiario e efectos especiais.

Para a dramatización contaron coa inestimable axuda de dous alumnos do ciclo de VídeoDJ, sen os cales non tería sido posible o éxito acadado.

Os sketchs representados foron os seguintes:

COÑECENDO O UNIVERSO E O SISTEMA SOLAR

15 de outubro

Conferencia: “Coñecendo o Universo”

LEDICIA COSTAS: O CORAZÓN DE XÚPITER

O 30 de maio visitounos a escritora Ledicia Costas para compartir cos alumnos de 3º de ESO a lectura de O corazón de Xúpiter, unha novela na que se describen as terribles e demoledoras consecuencias da sobreexposición ás redes sociais.

A autora explicou que, como noutros moitos casos, a problemática narrada na obra afecta moi especialmente ás mulleres.

Foi unha experiencia moi produtiva na que os alumnos tiveron un diálogo moi próximo e interesante coa novelista e quedaron encantados.

VENRES, 15 DE MARZO, DÍA DO MEDIOAMBIENTE

O alumnado de 1º de ESO de Erasmus+ preparou uns chamativos e moi elaborados carteis con lemas e palabras relacionados cos mares.

Trátase de concienciar sobre a necesidade de respectar o medio mariño.

Este traballo enmárcase tamén dentro do proxecto interdisciplinar Vieiros de auga.

 

OBRADOIRO DE PORTUGUÉS. OPS! O PORTUGUÉS SIMPLES

MÉRCORES, 10 DE ABRIL DE 2019

Un encontro co alumnado de 3º de ESO no que se realiza un achegamento ao portugués e no que se explica que é a lusofonía e a importancia do galego como integrante dela.

“FÁLAME DA EMIGRACIÓN”. 2º ENCONTRO. FUNDACIÓN ABANCA

En febreiro, e despois de ter investigado nas familias, os nosos alumnos de 3º de ESO foron á sé da fundación Abanca para compartir as historias cos maiores colaboradores.

Trátase dunha experiencia sumamente enriquecedora para os alumnos, que profundizaron na temática da emigración que ata ese momento era bastante descoñecida para eles. Este curso houbo unha grande participación na redacción de historias de vida: os alumnos indagaron na historia das súas familias e descubriron realidades que non coñecían. O encontro cos maiores foi magnífico. Os nosos alumnos só se queixaron de que lles faltou tempo para poder falar máis con eles.

Valoramos moi positivamente o interese, a entrega e a boa disposición dos maiores participantes. O alumnado quedou impresionado e moi satisfeito coa experiencia vivida e as historias e anécdotas que lles narraron.

ACTIVIDADES DE NADAL

Creación de postais por parte dos alumnos de 3º de ESO.

Proxecto intercentros “O sistema solar”. Plan Proxecta: “Meteoescolas”.

O instituto enviou felicitacións a todos os centros participantes no programa e tamén recibiu as correspondentes dos demais.

   

Murais acuáticos de Nadal

Composición por parte do alumnado de 1º/2º e 3º de ESO

Proxecto interdisciplinar “Vieiros de auga”. Plan Proxecta: “Meteoescolas”.

O alumnado compuxo murais con reflexións, imaxes e comentarios sobre a importancia da auga no noso planeta.

Os lemas son:

“Se hai maxia neste planeta, está contida na auga”

“A auga dános vida. Ter conciencia daranos auga”

“A vida é como un río: ten moitas saídas”

“Pero mira como morren os peixes no río Miño”

“Auga: o futuro que queremos”

“A corrente da imaxinación”

“Respecto, agarimo, limpeza: palabras da natureza”

“A vida como río”

 

Concurso de Karaoke coa participación do Ciclo de Vídeo DJ

MURAL SOBRE A ESCOLA GALESA

En xullo de 2018 a profesora Natalia Ogorodnikova realizou unha viaxe de formación a Cardiff dentro do programa Erasmus K. 

Esta experiencia aproveitouse para facer un mural comparativo sobre a escola de Cardiff nos tempos de hoxe e nos tempos do escritor galés Roahd Dahl. Esta parte do mural foi preparada polos alumnos de 1º D da ESO, que durante o primeiro trimestre leron a novela autobiográfica de Ronald Dahl Boy, relatos da infancia, e escolleron os fragmentos máis significativos para reflectir o funcionamento da escola galesa.