You are hereOutras actividades

Outras actividades


CELEBRACIÓN DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS

O día 24 de outubro No IES SATURNINO MONTOJO celebramos o Día Internacional das Bibliotecas realizando diversas actividades todas destinadas a gozar dos libros e converter a nosa biblioteca escolar nun espazo vivo no que investigamos e respondemos preguntas sobre libros co alumnado de ITI de 2º de ESO e cos rapaces e rapazas de 1º de ESO de Oratoria achegámonos á poesía, seleccionando textos que nos emociona par adespois recitalos na próxima sesión do club de lectura. Tamén escoitamos a autoras recitar os seus poemas.

Ir á Biblioteca e descubrir os seus tesouros é moi divertido!

             

SAÍDA CULTURAL AO MUSEO DE HISTORIA NATURAL E Á BIBLIOTECA MUNICIPAL CENTRAL

O pasado 11 de outubro os alumnos de 1º de ESO acudiron, ao que se está a converter nunha visita tradicional, á Biblioteca Municipal da Praza de España  e ao Museo Galego de Historia Natural. As dúas visitas guiadas  e , agardemos, moi proveitosas.

 

 

ALGÚNS CAMIÑOS REMATAN CUN PREMIO AO FINAL. ESTES SON OS NOSOS GAÑADORES DOS DISTINTOS CERTAMES

  • Litelingua: Equipo de1º ESO A: Mapala estrelas , integrado por Carme Mª, Paula e Laura coordinados por Ariadna  de 2º C
  • Premios  do Certame de Artigos de opinión Nós tamén á marxe,  co que fixemos unha fermosa homenaxe a  Carlos Casares

 Alumnas premiadas: Enma Vázquez e Carme Fuentes.

  • Premios aos grupos gañadores dos Camiños matemáticos
  •  Premio  ás mellores fotografía do Certame fotográfico Camiños

 Alba González de 4º ESO

 Cristian Martínez do Ciclo formativo

 

VOLUNTARIOS BIBLIOTECA 2º ESO

Celebración das Letras Galegas

Con motivo da celebración das Letras Galegas  realizamos no instituto numerosas actividades   destinadas aos diferentes cursos.

Certame de artigos de opinión para todos os niveis.

Certame de fotografía: Camiños, para todos os niveis

LITELINGUA:  xogo de pistas dirixido aos alumnos de 1º de ESO, coordinados por alumnos de   segundo de ESO.

Proxección na biblioteca dunha reportaxe sobre a figura de Carlos Casares

Faladoiro sobre o filme e o significado das Letras Galegas.

Con pedras, palabras, pintura e creatividade os alumnos de 1º ESO fixeron un traballo plástico co nome de Carlos Casares. 

Entrega de premios do Certame Literario Carmela Loureiro.

O día 13 de maio tivo lugar no Centro Cultural  Torrente Ballester a entrega de premios do certame Carmela Loureiro. O noso instituto foi moi afortunado, porque foron tres alumnas   As  que recolleron un premio: Paula  Soto de 2º de ESO, Laura Suarez 4º ESO e Seda   Nikoghosyan  de 2º de BAC

Parabéns  ás  gañadoras. 

Camiños pola natureza e pola arte. MOSTEIRO DE CARBOEIRO E FERVENZA DA TOXA.

O martes 16,  os alumnos e alumnas de 2º de ESO realizaron unha viaxe para visitar o Mosteiro de Carboeiro e a fervenza da Toxa.

Foi unha xornada moi completa, didáctica e divertida. Combinamos arte,  historia, lendas, natureza, deporte e moitos risos, sen esquecer a música ( todo o camiño de ida e volta cantando).

Tivemos un guía magnífico e todos, profesoras e e rapaces e rapazas , volvemos moi satisfeitos. 

CAMIÑOS MATEMÁTICOS

O día 12 de Maio celébrase o Día Nacional das Matemáticas Escolares, e para celebralo, os alumnos de 1º de ESO realizaron unha sesión de xogos matemáticos na Biblioteca. Organizados en grupos e dirixidos por Cristina, coa colaboración doutros profesores, tiveron que empregar moito inxeño, rapidez e concentración. Nos grupos a solución íase atopando con diálogo, cooperación, razoamento e competitividade. Unha xornada moi lúdica pero tamén moi didáctica.

D. Quijote e Sancho Panza polos camiños da Mancha. 04/05/2017, 05/05/2017 e 09/05/2017

 Seguimos celebrando a Semana do Libro con interesantes exposicións dos alumnos de 1º de BAC que percorren o camiño  de D. Quijote de la Mancha....

Hugo realizou unha interpretación da obra cervantina na que contrapuxo o camiño de don Quijote co dos heroes dos libros de cabalerías.

 Un grupo de 1º de BAC B percorreu os espazos que aparecen na obra e  camiñou pola súa gastronomía. Alumnas de 1º de BAC A falaron do papel das mulleres na novela.

Obradoiro de portugués 19/04/2017

Un curso máis por iniciativa do Equipo de Dinamización Lingüística en colaboracion co Equipo de Biblioteca, celebrouse no Instituto un obradoiro de achegamento a lusofonía na Biblioteca do Centro.

 

Os alumnos de 3º de ESO, dun xeito ameno e interactivo,  levaron a cabo unha serie de prácticas que os achegaron á lingua portuguesa e  lles  abriron as portas ao interesante e amplo mundo da lusofonía do que tamén forma parte a nosa lingua galega.