You are hereCorrespondentes Xuvenís

Correspondentes Xuvenís


Os Correspondentes Xuvenís e os Voluntarios da Biblioteca viaxan a Santiago de Compostela

Como parte do Proxecto A escola é o camiño, os Correspondentes Xuvenís e os Voluntarios da Biblioteca realizaron unha viaxe a Santiago para facer unha visita ao Museo Pedagóxico de Galiza. Alí fixeron  un percorrido pola historia da escola a través das aulas, os seus materiais e os seus símbolos. 

Pola tarde, tras comer na Residencia Universitaria do Monte da Condesa, realizaron unha andaina pola cidade na que os propios alumnos e alumnas, distribuídos por grupos,  tiñan a tarefa de localizar uns lugares emblemáticos nos debían fotografase e comentar as características salientables.

Foi un día interesante, divertido e cun tempo marabilloso. 

Finalmente cada grupo montou un fermoso collage coas distintas fotos. 

Actividades formativas STEM en lingua inglesa para 3º e 4º da ESO

Actividades formativas STEM en lingua inglesa para 3º e 4º da ESO

A Consellería de Educación convoca a STEMweek, actividades formativas STEM en lingua inglesa, (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas), actividades de formación, dirixidas á mellora das competencias en lingua inglesa e da competencia científico-tecnolóxica do alumnado de 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria matriculado en centros docentes sostidos con fondos públicos en Galicia.

Axudas económicas para libros de texto e material escolar

A Consellería de Educación convoca un fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2018/19.

Queres estudar ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño?

Queres estudar ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño?

A Consellería de Educación publica as normas para o acceso e a admisión do alumnado ás ensinanzas profesionais de Artes Plásticas e Deseño para o curso 2018-2019.

Estudas ESO ou Bacharelato?

Estudas ESO ou Bacharelato?

No DOG do 22 de maio de 2018 podes encontrar como se desenvolverán as ensinanzas da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.
Podes ver que materias cursarás, cales son as troncais e cales son as específicas que podes escoller.

DOG do 22 de maio de 2018
Blog interesante de orientacióneducativa:

                  https://monicadizorienta.blogspot.com.es/