You are hereTecnoloxía

Tecnoloxía


Visita a Sotavento dos alumnos de 2º ESO

Os alumnos de 2º ESO, veñen de realizar o pasado 18 de decembro unha visita ás instalacións de Sotavento, onde coñeceron de primeira man diferentes aspectos relacionados coa produción de enerxías, así como as distintas ferramentas coas que conta a arquitectura bioclimática, para conseguir un maior aforro enerxético.

Preme para ver pantalla completa

ALUMNOS DE 3º ESO VISITAN AS INSTALACIÓNS DE ENDESA EN AS PONTES

Un grupo de alumnos de 3º ESO visitou, o mércores 31 de xaneiro, as instalacións da empresa ENDESA na localidade de As Pontes. A pesar do intenso frío característico desta vila nesta época do ano, os alumnos fixeron un magnífico aproveitamento da xornada, demostrado no interese que suscitaron as exposicións do guía. Ademais, realizaron innumerables preguntas, que foron xurdindo ao longo do percorrido polas distintas partes das centrais Térmica e de Ciclo Combinado.

VISITA A SOTAVENTO DOS ALUMNOS DE 2º ESO

Os alumnos de 2º ESO veñen de realizar unha visita ao parque experimental de Sotavento, onde coñeceron de primeira man as alternativas á producción convencional de enerxía eléctrica. Alí foron recibidos por monitores que lles fixeron un percorrido polas instalacións ao tempo que se lles daba unha perspectiva, de forma divertida e agradable, sobre os medios para aproveitar e aforrar enerxía.

 

Proxecto do noso equipo de Robótica para oconcurso MECANO

Vídeo onde se pode observar o funcionamento do proxecto realizado polos alumnos de robótica do centro para o concurso MECANO, organizado polo Campus Industrial de Ferrol