You are hereInformación Concursos

Información Concursos


Información sobre concursos en distintos ámbitos

Concurso de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas

Concurso de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas

A Escola Galega de Administración Pública, EGAP, convoca o Concurso de literatura infantil e xuvenil do Día das Letras Galegas, orientado aos nenos e nenas galegos con idades comprendidas nestas dúas categorías: de 9 a 11 anos e de 12 a 14 anos.

XXII Edición do Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís

Premio Especial Carballo de 2017. Autor: Simone Maestra.

O Concello de Carballo convoca a XXII Edición do Certame Fotográfico Xosé Manuel Eirís

Cada autor ou autora poderá presentar un número máximo de tres obras. As fotografías realizaranse en branco e negro ou cor, natural ou manipulada, e o tema das obras é libre.

II concurso de curtos “A mocidade #ante o 8M”

II concurso de curtos “A mocidade #ante o 8M”

O Departamento Confederal de Mocidade de USO lanza o II concurso de curtos “A mocidade #ante o 8M”

Os curtos presentados versarán sobre temas relacionados con micromachismos, feminismo, teito de cristal, igualdade de oportunidades... ou baixo a idea “A mocidade #ante o 8M”.

FICBUEU 2020 - Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu

FICBUEU 2020 - Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu

A Asociación Cultural FICBUEU organiza o 13º Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu que se celebrará do 11 ao 19 de setembro de 2020 e terá como obxectivo a proxección e promoción das mellores curtametraxes realizadas nos dous últimos anos no ámbito internacional.

Concurso de microrrelatos “Viaxe ao 2030”

Concurso de microrrelatos “Viaxe ao 2030”

A Axencia de Modernización Tecnolóxica (Amtega) pon en marcha o Concurso de microrrelatos “Viaxe ao 2030” no marco do proceso de elaboración da Estratexia Dixital de Galicia 2030.

Concurso de Fotografía Científica

Concurso de Fotografía Científica

Galiciencia 2020 convoca un Concurso de Fotografía Científica

O concurso está aberto a todo o alumnado e profesorado de secundaria, bacharelato e FP dos centros educativos de Galicia.

XIX Certame Internacional Videominuto

XIX Certame Internacional Videominuto

A Universidade de Zaragoza, coa colaboración de Cinemaremagnum Servizos Audiovisuais, convoca o "XIX Certame Internacional  Videominuto".

Presentaranse obras cuxa duración máxima sexa de 1 minuto (60 segundos) incluíndo os títulos de crédito. Non se admitirán obras que excedan dese tempo. Non se admitirán obras presentadas noutras edicións do certame.

II concurso de microrrelatos de terror

II concurso de microrrelatos de terror

A Biblioteca Pública de A Coruña Miguel González Garcés convoca o II concurso de microrrelatos de terror

Poderán participar todas as persoas maiores de 14 anos
Cada participante  presentará un único relato cunha extensión máxima de 200 palabras.
Os relatos presentados deberán ser orixinais e inéditos.
Os traballos presentados  deberán ser escritos, en galego ou castelán

Premio Gloria Fortes de Poesía Nova 2020

Premio Gloria Fortes de Poesía Nova 2020

A Fundación Gloria Fortes convoca o Premio Gloria Fortes de Poesía Nova 2020.

Este premio está dirixido a poetas e poetisas de calquera nacionalidade, de idades comprendidas entre os 16 e os 25 anos, con libros escritos en lingua castelá non premiados anteriormente en ningún outro concurso.