You are hereFICBUEU 2020 - Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu

FICBUEU 2020 - Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu


FICBUEU 2020 - Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu

A Asociación Cultural FICBUEU organiza o 13º Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu que se celebrará do 11 ao 19 de setembro de 2020 e terá como obxectivo a proxección e promoción das mellores curtametraxes realizadas nos dous últimos anos no ámbito internacional.

Poderán presentarse obras de calquera xénero, cunha duración máxima de 30 minutos (títulos de crédito incluídos). Cada participante poderá presentar tantas obras como desexe. Non serán admitidos as curtametraxes que xa se presentaron en edicións anteriores.

A participación está aberta a todas as obras estreadas a partir do 1 de xaneiro de 2019, podendo concorrer creadores ou creadoras de calquera nacionalidade, a condición de que cumprisen os 18 anos.

Aquelas curtametraxes nos que o idioma non sexa o galego ou o castelán deberán ter subtítulos nalgún destes idiomas ou en inglés. As películas poderán estar rodadas en calquera formato, sendo a única esixencia posuír unha copia dixital para a súa visualización e/ou proxección.

As curtametraxes deberán enviarse a través da plataforma www.shortfilmdepot.com  onde se especifican as condicións de envío.

Prazo: as obras poderán enviarse ata o 15 de abril de 2020 ás 14:00 horas

Dotación
- Primeiro premio "Ánfora de ouro": 2.000 euros e trofeo.
- Segundo premio "Ánfora de prata": 1.000 euros e trofeo.
- Premio do público: 500 euros e galardón.

https://www.ficbueu.com/es/bases/