You are hereInformación Concursos

Información Concursos


Información sobre concursos en distintos ámbitos

XIV Concurso Nacional de Teatro Clásico Grecolatino

 

XIV Concurso Nacional de Teatro Clásico Grecolatino

O Ministerio de Educación convoca o XIV Concurso Nacional de Teatro Clásico Grecolatino nos ensinos non universitarios correspondente ao curso escolar 2018-2019.

XXIV Certame Literario de Piñor

XXIV Certame Literario de Piñor

A Asociación Música e Cultura de Galicia convoca o XXIV Certame Literario de Piñor na especialidade de narracións breves.
 
Establécense dúas categorías, premiándose os dous mellores relatos en cada unha delas:
-Categoría A para participantes maiores de idade.
-Categoría B para participantes menores de idade.

VII Concurso Escolar de Poesía

VII Concurso Escolar de Poesía

A Fundación Rosalía de Castro e El Corte Inglés presentaron a sétima edición do Concurso Escolar de Poesía Rosalía de Castro.

Contos sobre rodas

Contos sobre rodas

ALSA convoca a 19ª edición do concurso de relatos breves "Contos como unha seda".

As obras deberán ser orixinais e inéditas e ter algunha relación co mundo das viaxes e o transporte en autocar. A extensión non poderá ser superior a 10 folios ou DIN A4 mecanografiados por unha soa cara cunha extensión máxima de 3.000 palabras.

XXX Premio Literario Camilo José Cela

XXX Premio Literario Camilo José Cela

O Concello de Padrón convoca o Concurso de Narrativa "XXX Premio Literario Camilo José Cela"

Os relatos terán unha extensión de 12 a 25 folios,  mecanografiados ou escritos en formato  word, a dobre espazo, con tipo de letra Arial e tamaño 12. Deberán ser orixinais, inéditos, non premiados en calquera outro tipo de concurso e estar escritos en galego ou castelán.

XIX Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño

XIX Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño

O Concello de Sarria e a Agrupación Cultural Ergueitos convocan o XIX Premio de Poesía FIZ VERGARA VILARIÑO.

Concurso de fotografía “Como educa o colexio?

Concurso de fotografía “Como educa o colexio?

O Colexio Xara organiza o concurso de fotografía “Como educa o colexio?” de ámbito nacional, a desenvolver a través de Internet.
O concurso consiste en subir unha foto a Facebook a través da plataforma habilitada para iso que ilustre a resposta á pregunta formulada “Como educa o colexio?”
O Concurso estará aberto ata o día 1 de maio de 2019.

X concurso de viñetas “Sen fronteiras”, muller e migrante

X concurso de viñetas “Sen fronteiras”, muller e migrante

O obxecto do certame é empregar a viñeta, ou tira de viñetas (como máximo 6 viñetas) para reflexionar, concienciar e mudar mentalidades da cidadanía en xeral e da poboación adolescente en particular, sobre a dobre discriminación e o empoderamento das mulleres migrantes (emigrantes, inmigrantes, refuxiadas e retornadas) polos seus códigos culturais, etnia, relixión, nacionalidade, etc.

XIV Premio de creación fotográfica “Luís Ksado”

Unha das fotografías da serie "Mascaritas" de Xoán Crespo, gañador da edición de 2017

A Deputación da Coruña convoca o XIV Premio de creación fotográfica “Luís Ksado”.

Poderán participar no concurso todas as persoas maiores de idade, que estean interesadas no campo da fotografía e que non fosen premiadas nas tres edicións anteriores do premio. Ademais, as obras coas que concorran non terán podido ser gañadoras de ningún premio en ningún outro concurso.

XI Concurso Fran Pérez “Narf” para grupos e artistas musicais

XI Concurso Fran Pérez “Narf” para grupos e artistas musicais

A Deputación da Coruña convoca o XI Concurso Fran Pérez “Narf” para grupos e artistas musicais.
Poderá participar calquera grupo ou artista musical galego ou residentes en concellos galegos, do ámbito da música pop e variantes (folk, rock, rap, reggae...)