You are hereInformación Concursos

Información Concursos


Información sobre concursos en distintos ámbitos

Premios Exército 2019

Premios Exército 2019

A Xefatura do Estado Maior do Exército convoca os Premios Exército para o ano 2019.

Os Premios Exército teñen por obxecto propiciar a creación artística e literaria referida ás múltiples actividades do Exército de Terra español no marco das Forzas Armadas, así como fomentar o coñecemento e a divulgación na sociedade da vida militar.

Buscamos un logo para a rede de información xuvenil

Buscamos un logo para a rede de información xuvenil

A Rede Galega de información xuvenil, cumpre en marzo 25 anos da súa creación. O logo identificativo desta Rede creouse no ano 1994.

A Dirección xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado quere contar coa participación de todas e todos os Correspondentes Xuvenís para adaptar o logo actual aos novos tempos, cun deseño máis moderno e vangardista. Por iso, animámosvos a participar neste concurso

Nova edición de Lingua de namorar 2019

Nova edición de Lingua de namorar 2019

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado presenta unha nova edición do certame en liña de mensaxes de amor en galego, Lingua de namorar 2019, dirixido a todas as mozas e mozos de 14 a 35 anos.

IX concurso de fotografía de Oroso A muller traballadora

IX concurso de fotografía de Oroso A muller traballadora

O Concello de Oroso convoca o IX concurso de fotografía de Oroso “A muller traballadora".

IV Certame de traballos de investigación do Camiño Inglés

IV Certame de traballos de investigación do Camiño Inglés

O Concello de Oroso convoca o IV Certame de traballos de investigación do Camiño Inglés

Establécense 3 categorías no certame:
- Investigadores
- Peregrinos: Peregrinos maiores de idade
- Menores de 18 anos.

I Premio Internacional de Ilustración de Edelvives

I Premio Internacional de Ilustración de Edelvives

Mediante esta convocatoria, Grupo  Edelvives pretende impulsar aos ilustradores para desenvolver a súa carreira artística e profesional, contribuír a dar unha maior visibilidade ao seu traballo, así como establecer novas oportunidades de colaboración co Grupo Edelvives.

Premio Auditorio de Galicia

Premio Auditorio de Galicia

O Auditorio de Galicia convoca a undécima edición do premio Auditorio de Galicia para artistas residentes ou nacidos en Galicia menores de 40 anos.

IV Concurso Balbino de Relatos

IV Concurso Balbino de Relatos

Técnicas & Gramaxe co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, da Fundación Xosé Neira Vilas, dos concellos de Vila de Cruces e Boqueixón e mais da Deputación de Pontevedra convocan o III Concurso Balbino de Relatos.

Concurso de ideas Imagine Europe

Concurso de ideas Imagine Europe

O concurso de ideas Imagine Europe convídate a presentar a túa visión de Europa en 2050 nunha breve presentación escrita e gravada en vídeo, relativa a diferentes campos como interacción humana, cambio climático, educación ou democracia. Polo menos 5 participantes gañarán 500 € cada un

Eustory 2019

Eustory 2019

Eustory é un concurso de historia para mocidade que ten como concepto básico “aprender investigando"