Iniciar sesión: Acceso

CLUB DE LECTURA " A Illa dos libros", 2012-2013, Blogs

FALAMOS DE MARINA

  SAN SIMONIO

O día 21 de decembro os membros do Club de Lectura "A Illa dos Libros" xuntámonos para intercambiar impresións sobre a novela de Carlos Ruiz Zafón "Marina".

Tras unha pequena introdución sobre o autor e despois de visionar a reportaxe sobre  a súa novela "El juego del Ángel" emitido por TVE 1, pasamos a falar do libro.

Foi unha sesión gratificante, pois a todo o mundo lle gustou o libro, xa que a historia que conta atrapounos dende o primeiro momento. Todos coincidimos en que Zafón crea, co seu estilo e ambientación, unha novela de intriga a medio camiño entre a novela negra, gótica e de terror, onde as referencias literarias e cinematográficas son constantes.

ENTREGA DE AGASALLOS DO CONCURSO DE MASCOTAS

 

     SAN SIMONIO
O xoves 13 de decembro os membros do Club de Lectura "A Illa dos Libros" fixemos entrega dos agasallos aos participantes no concurso da mascota. Xa sabedes que a elixida foi a mascota presentada polo alumno Miguel Couñago Bastos de 2º B . Aquí vos deixo algunhas fotos da entrega de premios:     

 

 

PRÓXIMA XUNTANZA DO CLUB DE LECTURA

  SAN SIMONIO

  

O xoves 13 de decembro celebraremos unha nova xuntanza do Club de Lectura "A Illa dos Libros". Nesta reunión entregaremos os agasallos aos alumnos que participaron no concurso de mascotas.

Todos os que presentachedes mascotas, acudide á xuntanza do Club para recoller a pequena sorpresa que  os temos preparada.

 

Esperámosvos

  

AS OUTRAS MASCOTAS PRESENTADAS

7/12/12 

Estas foron as outras mascotas presentadas:

 

Manuel Pazos Lima y Rodrigo Rafael García, 2º A

TED

Atenea Aguilar Ferradas, 2º B

RANDE

Juan Pablo Martínez Olaberry, 4ºA

RODOLFO

Andrés Núñez González, 4º A

ROGELIO "EL POLLO"

Emma Talia Fernández Portela, 4º DC

LECTU CHOCO

SAN SIMONIO: A NOSA MASCOTA

7/12/12 

O xoves 29 de novembro os menbros do Club de Lectura "A Illa dos Libros" escollemos a nosa mascota:

 

SAN SIMONIO 

 

Miguel Couñago Bastos, alumno de 2º B, foi o seu creador.

Como el escribiu: "San Simonio é un vello que vai de vila en vila repartindo libros aos nenos que non poden telos ou que os precisan. Ten xa cen anos e quere formar parte deste Club de Lectura".

Ante semellante petición, nós non lle puidemos negar a súa incorporción e decidimos darlle un posto de honor no Club e convertelo na nosa mascota para que sempre estea presente en todos os acontecementos que vivamos no noso Club de Lectura "A Illa dos Libros".

 

Moi benvido SAN SIMONIO

 

CONVOCATORIA DE XUNTANZA DO NOSO CLUB DE LECTURA

28/11/12  ESCOLLA DA NOSA MASCOTA

 

O xoves 29 de nobembro celebrarase en 4º DC as 11:30 h., unha nova reunión do noso Club de Lectura. Nela procederase a escolla da mascota do Club. Non faltedes.

MÁIS SOBRE CARLOS RUIZ ZAFÓN

 

7/11/12      AS SÚAS TRES ÚLTIMAS NOVELAS

 

Escoita este pequeno fragmento do primeiro capítulo da  novela que lanzou á fama a este autor La Sombra del Viento.   

 

Reportaxe sobre Carlos Ruiz Zafón e o seu libro  El Juego del Ángel  emitido por TVE 1.

 

 

 

Entrevista a Carlos Ruiz Zafón con motivo da publicación do seu último libro  

El Prisionero del Cielo.  

A NOSA PRIMEIRA LECTURA

 

30/10/12    MARINA

 

 

O xoves 25 de outubro celebrouse unha nova reunión do club "A Illa dos Libros". Nela eliximos a lectura que inagura o noso Club: MARINA do coñecido autor Carlos Ruiz Zafón. Aquí déixovos a súa sipnosis e unha pequena reseña do autor.

 

SIPNOSIS

Logo de coñecer a Mariña, Óscar escapa do internado no que estuda en Barcelona. Os dous mozos senten atraídos por certa historia que ocorreu moitos anos atrás. Así comezan a investigar e a tratar de descubrir o pasado nunha peligrosísima aventura no medio da cal ata aparecer persoas xa falecidas. Só eles acabarán coñecendo que é o que pasou realmente; pero non o desvelarán a ninguén e…

 

AUTOR

 Carlos Ruiz Zafón (Barcelona, 1964)

Carlos Ruiz Zafón é un dos autores máis lidos e recoñecidos en todo o mundo. Inicia a súa carreira literaria en 1993 co “El Príncipe de la Niebla” (Premio Edebé), á que seguen “El Palacio de la Medianoche”, “Las Luces de Septiembre” (reunidos no volume “La Trilogía de la Niebla”) e “Marina”. En 2001 publícase a súa primeira novela para adultos, “La Sombra del Viento”, que pronto se transforma nun fenómeno literario internacional. Co “El Juego del Ángel” (2008) volve ao universo do Cemiterio dos Libros Esquecidos, que segue crecendo co “EL Prisioneiro del Cielo” (2011). As súas obras foron traducidas a máis de cincuenta linguas e conquistaron numerosos premios e millóns de lectores nos cinco continentes.

Se che pica a curiosidade e queres saber máis sobre o autor e as súas obras, visita a súa páxina web ou vota unha ollada a esta entrevista

 

PRÓXIMA XUNTANZA DO CLUB DE LECTURA

 

24/10/12     O xoves 25 de outubro celebraremos unha nova xuntanza do noso Club de Lectura "A Illa dos Libros". Esperamos que nesta nova reunión esteamos todos e decidamos a nosa 1ª lectura, xa que na anterior, como coincidiu coa folga de alumnos, non houbo quorum abondo e quedou pendente.

 Non os esquezades de traer a ficha de inscrición coas vosas suxerencias de lectura para o Club.

 

 

Primeira xuntanza do Club

 

15/10/12    COMEZA O NOSO CLUB DE LECTURA

O noso Club de Lectura "A Illa de os Libros" xa botou a andar. O martes 2 de outubro de 2012 celebramos a nosa primeira xuntanza. Presentámonos e tomamos as seguintes decisións:

  • Día e hora para as xuntanzas do club: xoves no recreo.
  • Frecuencia das reunións: mínimo unha o mes.
  • Facer unha listaxe de libros que nos apeteza ler e traela á próxima xuntanza.

Na seguinte reunión que se celebrará o día 18 de outubro de 2012 na aula de 4º A durante o recreo, imos pór en común esas listaxes e decidiremos a nosa primeira lectura e tamén o libros que leremos o resto do curso.

 

O noso club

 

15/10/12     CLUB DE LECTURA "A ILLA DOS LIBROS"

 

 

O Club de lectura "A Illa dos Libros", nace dentro da campaña de fomento da lectura elaborada pola Consellería de Educación, coa idea de crear un espazo de intercambio de lectura para toda a comunidade educativa: alumnado, profesorado, persoal non docente e pais.

Distribuir contido