Iniciar sesión: Acceso

FALAMOS DE MARINA

  SAN SIMONIO

O día 21 de decembro os membros do Club de Lectura "A Illa dos Libros" xuntámonos para intercambiar impresións sobre a novela de Carlos Ruiz Zafón "Marina".

Tras unha pequena introdución sobre o autor e despois de visionar a reportaxe sobre  a súa novela "El juego del Ángel" emitido por TVE 1, pasamos a falar do libro.

Foi unha sesión gratificante, pois a todo o mundo lle gustou o libro, xa que a historia que conta atrapounos dende o primeiro momento. Todos coincidimos en que Zafón crea, co seu estilo e ambientación, unha novela de intriga a medio camiño entre a novela negra, gótica e de terror, onde as referencias literarias e cinematográficas son constantes.